A BORDO

Un clube grande non é só o que domiña con autoridade a competición galega, adxudicándose Bandeiras da Deputación, Campionatos Galegos,… para ser un grande hai que cumprir outra premisa máis, que non é outra que cando se sae fóra da nosa comunidade a competir hai que meterlle o medo no corpo ós clubes asturianos, cántabros ou vascos e demostrarlle que se lle pode vencer e iso é o que convirte ó Club de Regatas Perillo nun dos grandes do remo galego.

A tempada pasada Perillo conseguiu o ascenso á LGT-A e este ano vai participar na máxima competición galega, un lugar que lle corresponde por méritos propios e por historia.

Esta semana subímonos A BORDO da traiñeira de Oleiros.

Pasado


No mundo das traiñeiras si que se cumpre o dito de que calquera tempo pasado foi mellor e non porque o diga eu senón por unha chea de razóns obxectivas que o avalan. Ata a década dos noventa do século pasado os remeiros e directivos non se tiñan que preocupar por todo aquelo que agora os atormenta:

  • A TVG televisaba gratuitamente tódolos domingos unha regata.
  • Os clubes enchían dous autobuses, como mínimo, para acompañar ós seus remeiros, ademáis dos siareiros que se desprazaban pola súa conta ou ben por estrada ou incluso por mar.
  • Existían regatas dun prestixio maiúsculo que desapareceron as casi repartían 1.000.000 de pesetas para o gañador como “El Corte Inglés” ou “Conde de Fenosa”...

Presente


Non cabe dúbida de que a crise veu para quedarse e tamén afecta ó deporte e sobre todo ó deporte minoritario como as traiñeiras.

A televisión pública non pode afrontar a emisión en directo das regatas cun mínimo de calidade. Os patrocinadores privados tamén lle deron as costas as traiñeiras e iso implica que cada vez sexa máis difícil saír ó mar.As institucións públicas tampouco pasan polo seu mellor momento e os recortes afectan tamén ó remo.

Pero ademáis da crise tamén nos saiu competencia. Existen un sinfín de posibilidades para practicar en tódalas localidades: equipos de fútbol, baloncesto, voleibol, balonmán, natación,… así como disciplinas individuais tan de moda hoxe en día como o running, o trail, triathlon, ciclismo,… Antes os rapaces das vilas mariñeiras ou xogabamos ó fútbol ou íamos ó clube de remo...

LGT TV


Entrevista a Kasapo


LGT nos Medios

Colaboran