HISTORIACONTACTOPLANTILLADIRECTIVAPATROCINADORESTRAIÑEIRA

A historia da Asociación Deportiva Esteirana Remo comeza o 20 de Agosto de 1988, nunha Asemblea extraordinaria de socios da Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Esteirana, na que se decide crear unha sección de remo.Na temporada 1989 conta cun plantel de 18 remeiros e empeza a competir oficialmente na modalidade de bateis. A tripulación infantil masculina consegue clasificarse para o Campionato Galego ese mesmo ano, e dende aquela, o club sempre estivo presente con algunha categoría no campionato autonómico.O número de remeiros vai medrando ano a ano, contando con 23 en 1990, temporada na que clasificamos a tripulación infantil masculina para o Campionato de España, despois de ser terceiro no Campionato Galego. Volvemos a estar presentes, en algunha categoría, no campionato estatal nas temporadas 1994, 1995, 1996, 1999, 2000, 2001, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010 e 2011. Converténdonos en habituais nos campionatos de España.Na temporada de 1991 cóntase con 27 remeiros, e empézase a competir na modalidade de traineriña, aínda que non é ata 2002, cando se compra un barco competitivo, que se fai de forma continuada, conseguindo clasificar a tripulación xuvenil para o Campionato de España, volvendo a facelo na 2012.É nesta temporada na que empezan a incorporarse mulleres a practicar a modalidade de bateis, sendo subcampionas no primeiro Campionato Galego que se celebra en 1992.En 1993 cóntase xa con 43 deportistas. Neste ano  cómprase unha traiñeira de madeira de segunda man, e empézase a competir na modalidade raíña do banco fixo. Dende aquela estivemos sempre presentes nas Bandeiras e Trofeos do calendario oficial, sendo no ano 2003 un dos clubs fundadores da Liga Galega de Traiñeiras, na que viñemos participando ininterrompidamente ata o 2014.Un ano moi importante na historia do club foi 1997. Neste ano, nunha asemblea de socios da Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Esteirana, celebrada o 17 de Agosto, decídese que a sección de remo teña os seus propios socios e unha xestión económica e administrativa totalmente diferenciada da SCRD Esteirana.Outro feito descatado de 1997 é que se empeza a competir en banco móbil ou remo olímpico. Os éxitos en banco móbil chegan na temporada 2000, cando na modalidade de Dobre Scull Cadete Feminino(2xCF), conseguimos a medalla de prata no Campionato de España.

Na temporada 2002, constitúese a Asociación Deportiva Esteirana Remo, mantendo só un vinculo sentimental coa SCRD Esteirana, á que hai que recoñecerlle o seu papel na promoción do deporte e a cultura en Esteiro e comarca.

Neste ano por primeira vez unha deportista do club compite en probas internacionais coa selección española xuvenil. Continuando os nosos remeiros/as acadando sucesivos logros en competicións internacionais a nivel individual e formado parte de equipos da FER.

Actualmente a AD Esteirana Remo conta con aproximadamente 350 socios e socias, remeiros e remeiras de tódalas categorías, que compiten tanto nas modalidades de banco fixo como nas de banco móbil, e tamén co apoio dunha sociedade que a impulsa e representa.

DIRECCIÓN: Agrocovo, s/n – Ribeira de Creo, 15240, Esteiro (A Coruña).

699 874 603 / http://esteiranaremo.gal/wp/ / http://esteiranaremo.gal/wp/
A.D. Esteirana Remo

Bruno Rodríguez Lestón
Entr/Rem
Propio Canteirán
02/12/1973
Alberto Figueiras Calviño
Patrón
Propio Canteirán
22/09/1982
Gustavo Portals Mayo
Patrón/Remero
Propio Canteirán</br07/04/1973
Gerardo Figueira Lestón
Remero
Propio Canteirán
07/03/2003
César Viana Ferreiro
Remero
Propio Canteirán
29/12/1972
Rodolfo Mayo Martínez
Remero
Propio Canteirán
17/07/2000
Héctor Martínez Romaní
Remero
Propio Canteirán
17/05/2000
Juan M. Martínez Martínez
Remero
Propio Canteirán
26/02/1976
Francisco Lamela Lestón
Remero
Propio Canteirán
27/09/1965
Eduardo Figuieiras Núñez
Remero
Propio Canteirán
20/04/1979
José Fernández Brea
Remero
Propio Canteirán
30/01/1985
Álvaro Dosil Olveira
Remero
Propio Canteirán
16/05/1995
Enrique Canosa Torea
Remero
Propio Canteirán
23/01/1995
Juan B. Caamaño González
Remero
Propio Canteirán
12/06/1978
José Antonio Hermo Carracedo
Remero
Non Propio
27/12/1978
Benito Fernando Horta Ameneiro
Remero
Non Propio
29/04/1974
Alejandro Iglesias Moledo
Remero
Non Propio
11/06/1999
Jorge Pérez Ferrás
Remero
Non Propio
18/10/2000
Francisco José Rguez Del Río
Remero
Non Propio
02/06/1999
Gustavo Portals Mayo
Presidente
César Viana Ferreiro
Secretario
Xosé Manuel Saborido Núñez
Tesoureiro

Colaboran