Actualidade da ALN

Novos cambios na Asociación 

A derradeira Asemblea, celebrada o pasado xoves en Santiago de Compostela, trouxo consigo novos cambios na ALN e no calendario de competición.

A imposibilidade de participación do CR A Cabana-Ferrol motivou o cese da actual directiva, ao formar este club parte dela.

Este próximo xoves 18-05-17, terá lugar unha nova Asemblea na que se elixirá unha nova candidatura, que terá unha liña de continuación do traballo que xa se viña desenrolando.

O calendario de competición tamén tivo variacións, respecto ás regatas organizadas por: CR Coruxo, CCD Cesantes (regata privada) e CR Cabo da Cruz Fem. Toda esta información no noso Calendario de Competición: Calendario 2017

Equipo de comunicación da LGT.

Colaboran