As tres ligas á acción coa TVG en liga A e liga feminina

  • en

O próximo fin de semana traerá de novo unha dobre xornada para a liga A, e unha xornada para a liga feminina e a liga B. Destacables a XXIII Bandeira Concello de Vilagarcía e a I Bandeira Concello de Vilagarcía que serán emitidas pola TVG 2.

Primeira dobre xornada para a liga Feminina

A liga feminina disputará o próximo sábado, día 15, en Vilaxoán, a I Bandeira feminina Concello de Vilagarcía. Co regreso a competición do C.R. Cabo de Cruz. As embarcacións desta liga disputarán a terceira regata puntuable da tempada. Na primeira quenda partirán o C.R. Salgado Perillo e o C.R. Cabo da Cruz. E na quenda de honra, o C.R. Mecos, pleno de bandeiras esta tempada, o C.R. Chapela e o C.R. A Cabana de Ferrol. A regata será emitida pola TVG 2.

O domingo a competición trasladarase a Redondela para celebrar no Porto de Chapela a III Bandeira Concello de Redondela a partir das 11:30. A regata será a cuarta xornada puntuable da tempada e a orde de saída virá dada pola clasificación inversa do día anterior.

A liga B volve a Mera.

A división de prata do remo galego desprazase tamén o próximo sábado día 15, as 17:00 horas, a Bahía de Mera para celebrar a IV Bandeira Bahía de Mera de traiñeiras. A categoría b terá que vogar nunha das zonas máis fermosas e con máis asistencia de público da liga galega. Será a segunda xornada puntuable da tempada e estará dividida en dúas quendas. Na primeira formarán a A.D. Esterirana, o C.R. Virxe da Guía e o C.R. Cedeira. E na segunda quenda, o C.R. Muros, o C.R. Vila de Cangas, C.M. Mugardos e os anfitrións e líderes da liga o C.D.M. Mera.

Dobre xornada de liga A

Pola súa parte, a liga A, volverá a celebrar dúas bandeiras ca disputa da quinta e sexta xornadas puntuables. A primeira bandeira terá lugar en Vilaxoán o sábado día 15, a partir das 19:30, coa XXIII Bandeira Concello de Vilagarcía, que ó igual ca regata feminina tamén será emitida pola televisión galega na súa segunda canle. A orde de saída en Vilaxoán contará na primeira partida co C.R. Salgado Perillo, o C.R. Chapela e o C.R. Rianxo. Na segunda, cos anfitrións do C.R. Vilaxoán, o C.R. Coruxo, o C.M. Castropol e Amegrove C.R. E na quenda dos favoritos, o C.R. Mecos – Mondariz, o C.M. Bueu – Tecarsa, o C.R. Puebla, e o líder da categoría a S.D. Samertolameu.

O domingo será o C.R. Chapela o encargado de organizar a XXXI Bandeira Concello de Redondela. No porto de Chapela, a partir das 12:00 horas. O igual que na categoría feminina a orde de saída virá dada pola clasificación inversa do día anterior.

Un fin de semana completo de remo en Galicia. Co regreso da bandeira de Mera e a emoción da liga B. Cunha dobre xornada na liga feminina na que as tripulacións tentarán evitar o pleno do C.R. Mecos. E con outra dobre xornada nunha liga A moi igualada e imprevisible. E por se todo isto fora pouco, a liga ACT tamén se despraza a Galicia para disputar as Bandeiras de Coruña e Ares. Dous días por diante para gozar de este gran deporte.

 

Juanma Lorenzo – Equipo Comunicación LGT

Attachment

Colaboran