ASAMBLEA DA LGT DO VENRES 16 DE XANEIRO

ASAMBLEA DA LGT DO VENRES 16 DE XANEIRO
  • en

IMG-20150117-WA0003

Este venres 16 de xaneiro celebrouse en Santiago de Compostela a primeira Asamblea da ALN do ano no lugar de costume, as instalacións que a Secretaría Xeral para o Deporte tén no Estadio de San Lázaro.

A Asamblea asistiron tódolos socios que pagaron a inscripción antes do 10 de Xaneiro agás Vila de Cangas e Amegrove. Entre os asistentes estaban tamén como convidados e sen dereito a voto a S.D. Tirán, S.D. Samertolameu e o Clube de Remo Cabo da Cruz xa que entre a orde do día un´dos puntos refiríase ó reparto dos premios da LIga Femenina do 2.014 que aínda estaban pendentes de definir.

Este ano tanto a LGT A como LGT B estarán compostas por oitos traiñeiras. e estamos esperando que os clubes con traiñeiras femeninas decidan participar e para a cal se reserva unha partida económica para o reparto de premios.

A LGT A estará conformada por: Amegrove, Mugardos, Perillo, Puebla, Coruxo, Bueu, Ares e Vilaxoán.

Na  LBT B compitirán: Vila de Cangas, Rianxo, Mecos, Cabana, Chapela, Castropol, Mera e Cesantes.

Despois de aprobar a acta da Asamblea anterior continuose co seguinte punto do día relativo a aprobación das contas do 2.014 que expuxo o tesoureiro da ALN José Almeida e que se aprobaron por maioría. Tamén se aprobou por maioría coa abstención do Club de Remo Puebla o presuposto económico para a vindeira tempada 2.015.

En canto ó reparto de premios da Liga Femenina da Liga do 2.014 existían dúas propostas unha que primaba os resultados e outra a participación que  ao final foi a que saiu aprobada.

Tamén estaba recollida dentro do orde do día a valoración da reclamación de Mecos que ao final non saiu adiante por emparte entre as dúas posturas.

Por outro lado a Directiva da LGT fixolle chegar a tódolos socios un inventario do material que durante estes anos se foi adquirindo pola ALN valorado en 15.000 euros aproximadamente onde se inclúe cámaras, báscula, remolque,… inicitiava que foi aplaudida polos asistentes.

Colaboran