HISTORIACONTACTOPLANTILLADIRECTIVAPATROCINADORESTRAIÑEIRA

O Club do Mar Bueu fundouse no ano 1982 da man de Manuel Otero Pérez, co fin de ofrecer o pobo de Bueu a opción de practicar un deporte tan completo como o remo.

O Club leva mais de 33 anos formando deportistas e remeiros, tanto a nivel físico como humano, sempre baixo o paraugas dos valores do club e do deporte: a ilusión, o compañerismo, o sacrificio, a entrega, a solidaridade e o compromiso.

O noso Club supón unha oportunidade para todos aqueles que queiran levar un estilo de vida san e saudable, para maiores, mozos e nenos, ofrecendo unha alternativa diferente e ensinándolles a loitar en equipo baixo os valores dun deporte tan competitivo como o remo.

A canteira

Actualmente contamos cun total de 70 deportistas de tódalas idades inscritos na Federación Galega de Remo.

Dende o Club dámoslle moita importancia a canteira, onde contamos con mais de 32 nenos, cos que cubrimos tódalas categorías base de competición. Algúns medios de comunicación xa se fixeron eco do noso empeño coa canteira.

Considerámonos un Club de canteira, con ambicións de futuro.

Equipos Sénior e Veteranos

O noso equipo sénior masculino forma parte da Liga Galega de Traíñas – actualmente na Liga A. Está integrado por un grupo xoven pero experimentado, con gran ambición e entrega, que ten como obxetivo deportivo facer un bo papel na competición, ficar o final da tempada no medio da táboa e loitar por acadar gañar algunha regata.

Ademais, contamos cun equipo de veteranos que compite en la Liga Galega de Veteranos dende o seu inicio, no ano 2010. Este grupo está integrado por ex-remeiros que aportaron no pasado moitos momentos de gloria o Club, e que queren seguir apoiando o remo dunha forma activa.

Dende o Club ofrecemos a todos os deportistas as mesmas oportunidades, sen discriminar a ninguen nin pola idade nin o sexo, cor nin crenzas.

Logros Deportivos

A longo de todos estes anos, o Club do Mar Bueu ten acadado resultados deportivos moi positivos, entre os que queremos destacar:

• 1º Campionato de España de Bateis Xuvenil Masculino (2001)
• 2º Campionato de España de Bateis Sénior Feminino (2002)
• 3º Campionato de España de Bateis Infantil Masculino (2003)
• 2º Campionato de España de Bateis Sénior Feminino (2003)
• 6º Liga Galega de Traíñas Sénior Masculino (2005)
• 2º Liga Galega Feminina (2009)
• 7º Regata da Concha Feminina (2009)
• 1º Campionato Galego de Remo ergómetro Sénior Feminino(2011)
• 2º Campionato Galego de Banco Móbil Sénior Feminino (2011)
• 3º Liga Galega de Veteranos (2011, 2012 e 2013)
• 3º Campionato de España de Bateis Sénior Feminino (2012)
• 2º Liga Galega B – Sénior Masculino, logrando el ascenso á Liga A (2014)

DIRECCIÓN: Nave de Deportes Náuticos de Pescadoira s/n. Aptdo. Correos 79. 36930, Bueu (Pontevedra)

:+34 696 44 49 12 / clubdomarbueu@gmail.com / Club do Mar Bueu

José Ferral Martínez
Entr/Remero
Propio
02/04/1972
Jesús Rodríguez Piedras
Patrón
Propio Canteirán
25/12/1972
Sergio Sousa Portela
Patrón
Non Propio
31/05/1980
Marcos Gómez Cabanelas
Remero
Propio Canteirán
25/08/1988
Rubén Juncal Verde
Remero
Propio Canteirán
04/07/1992
José M. Freire Soage
Remero
Propio Canteirán
02/01/1984
Diego Pérez García
Remero
Propio Canteirán
31/12/1997
David Moledo Martínez
Remero
Propio Canteirán
08/07/1999
David Quiroga Blanco
Remero
Propio Canteirán
01/09/1999
Sergio Pérez García
Remero
Propio Canteirán
31/03/1993
Carlos Couso Celard
Remero
Propio Canteirán
24/01/1991
Francisco Parada Santomé
Remero
Propio
10/06/1972
Ángel Valladares Pérez
Remero
Propio Canteirán
06/07/1999
Martín Pérez Bacelar
Remero
Propio Canteirán
20/12/1999
Martín Juncal Fernández
Remero
Propio Canteirán
07/04/1983
José A. Remelgado Simes
Remero
Propio Canteirán
08/10/1996
Iván Lemos Ferradás
Remero
Propio Canteirán
04/02/1998
Víctor Hermelo Montejano
Remero
Propio Canteirán
22/05/1995
Andrés González Mariño
Remero
Propio Canteirán
29/12/1998
Óscar Martínez Parada
Remero
Propio Canteirán
12/05/1995
Manuel Juncal Gil
Presidente
Rufino Acuña Bacelar
Vicepresidente
Maria Rosa Carballo Diéguez
Tesorera
Martín Juncal Fernández
Secretario
Valentín Campos González
Delegado
Alberto Chapela Regueira
Delegado
maqueta-bueu