cabecera-cabana-ferrol-2016

HISTORIACONTACTOPLANTILLADIRECTIVAPATROCINADORESTRAIÑEIRA

O Club de Remo A Cabana-Ferrol é unha organización deportiva sen ánimo de lucro, que ten coma fin principal a promoción e práctica do deporte do remo (remo de banco fixo tradicional e base de remo olímpico móbil).

As nosas instalacións pertencen ao Concello de Ferrol e están situadas no barrio de A Cabana.

Este club naceu hai 33 anos, no verán de 1982, e dende entón os seus diferentes responsables o mantiveron coma permanente actividade deportiva, subindo posicións no ránking de clubs galegos. O CR A Cabana-Ferrol é un dos primeiros clubs en canto a número de deportistas federados e que compite con todas as categorías das diferentes modalidades, tanto a nivel provincial, coma autonómico e coma nacional.

O club pertence á Federación Galega e Española de Remo e á Asociación Liga Noroeste de Traiñeiras, estando inscrito como entidade deportiva no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A Xunta Directiva está composta por once (11) persoas, e actualmente cóntase con douscentos vinte e seis (226) socios.

O primeiros logro destacado da entidade foi a medalla de bronce acadada polo batel sénior no Campionato de España no ano 1988 en Cedeira, resultado que se volvería a repetir no ano 1992 en Castropol (Asturias).

Habería que esperar ata o ano 2004 para que, no Campionato de España de Bateis celebrado en Ferrol, os xuvenís acadaran a medalla de bronce. No 2006 a tripulación sénior lograría a medalla de prata en Sestao, mentres que os infantís acadarían o bronce no 2007 en Moaña. No Campionato de España celebrado en Ferrol no ano 2011, os xuvenís acadaron a medalla de prata e o feminino xuvenil a medalla de bronce. É de resaltar que nos anos 2012 e 2013 a tripulación de batel infantil se proclama Campión de España de Bateis.

Dende o ano 1996 ao 1999, particípase en traiñeira formando xunta aos clubes de Cedeira, Mugardos e San Felipe, chamándose esta “Cidade de Ferrol”.

No ano 1997 empézase a competir na modalidade de banco móbil, para acudir de forma regular aos Campionatos Galegos e nacionais dende o 2000, destacando a medalla de prata no Campionato de España do 2006de dobre Skull alevín feminino, e a de bronce no 2011 de dobre Skull alevín masculino.

Particípase regularmente na Regata Internacional Queima das Fitas na localidade portuguesa de Coimbra.

Os anos 2003 e 2004, remeiras co club participan no Campionato de España por autonomías, formando parte da selección galega.

No ano 2001, o xuvenil feminino queda terceiro de España de yolas.

Hai que destacar tamén que o club foi socio fundador da Liga Galega de Traiñeiras e a nosa embarcación, a “Galatea”, ven competindo na Liga dende o seu inicio, no 2003.

Nos anos 2009, 2010 e 2011 houbo competición de traiñeiras femininas, participando o noso club nas dúas edicións, asistindo aos dous primeiros anos á Regata da Concha en San Sebastián, Regata coñecida como “A Olimpiada do Remo en Traiñeiras”.

DIRECCIÓN: Lug. A Cabana, s/n. 15590, Ferrol (A Coruña).

981326902 / remoacabana@gmail.com / Club de Remo A Cabana-Ferrol

Javier López García
Presidente
Francisco Javier Janeiro Brea
Vicepresidente
José Almeida Pintos
Secretario
Eugenio J. Meizoso Velo
Tesorero/Delegado
José Vidal Martínez
Vocal
Francisco Rodríguez Contero
Vocal
Miguel Angel Paz Fernández
Vocal
Guillermo Rascado Fernández
Vocal
Begoña Díaz Alonso
Vocal
Brais López Campos
Vocal
Vanesa Suares Díaz
Vocal
maqueta-cabana

Colaboran