HISTORIACONTACTOPLANTILLADIRECTIVAPATROCINADORESTRAIÑEIRA

O Club de Remo Muros fundase 1984 por un grupo de amigos mariñeiros amantes do deporte tradicional, comézase cunha traiñeira de segunda mán comprada ao Club de Remo  Cabo da Cruz e cun batel prestado de Carril chamado “GATO NEGRO”.

A entidade caracterizouse sempre polo seu carácter humilde e loitador, sempre carente de medios a pesar de conseguir prestixiosos éxitos autonómicos e nacionais, polo tesón e ilusión dos seus compoñentes.

Ademais de conseguir diversas medallas en varios Campeonatos de España de Bateis, o maior logro, chegará ao participar na regata clasificatoria da Bandeira de A Concha, considerada por varios medios como increíble ó tratarse  dun grupo de remeiros tan novos e sin apenas medios materiais.

Actualmente, despois de 32 anos, casualmente volve a constituirse a sede na mesma nave onde iniciou a súa andadura, na ahora restaurada Fábrica de Sel, o feito de dispoñer por fin destas instalacións, cedidas polo Concello de Muros, a xuventude está volvendo a interesarse por este deporte tan noso, e xa se traballa con cerca de 80 licencias federativas.

DIRECCIÓN: Tras Da Lonxa Vella s/n – Aptdo. Correos 29, 15250, Muros (A Coruña).

625 767 809 / cluberemomuros@hotmail.com CLUB DE REMO MUROS

 
Ángel Lestón Leal
Presidente
José Mª Fdez Formoso
Vicepresidente
María Vázquez Piñeiro
Secretaria
Mino Martínez Lago
Tesoureiro
Daniel Canosa Domínguez
Vogal
Eladio Ferreirós Martínez
Vogal
Esteban Lago Martínez
Vogal
Álvaro Lestón Leal
Vogal
Ernesto Tajes
Vogal