cabecera-pueblaB-tempada-2016

HISTORIACONTACTOPLANTILLADIRECTIVAPATROCINADORESTRAIÑEIRA

Está sociedade foi fundada no ano 1979 por un grupo de persoas da localidade, que coa colaboración Dona Carmela Arias y Diaz de Rabago, que patrocinou a compra da primeira traiña, a cual se lle deu o nome de CARMELA, recuperarón para o noso concello un dos deportes mais tradicionais das vilas mariñeiras da Ria de Arousa.

Neste mesmo ano, o clube de remo presidido por D. Valentín Hermo Rios, xa participa en varias competicións na modilidade de traiñas.

Ata o ano 1981 non se pon en funcionamento o remo en categorías inferiores, e neste ano cando o clube adquire o primeiro batel, o DELFÍN I, escomenzando a participación nas regatas desta modalidade.
Nestes primeiros anos o clube desenrrola a sua actividade no edificio da antigua lonxa situada ó pe do pantalán, ata que no ano 1983, unha gravísima decisión por parte do goberno local, desaloxa a este clube de ditas instalacións, iniciándose un longo peregrinar por multiples locais, moitas veces en condicións non todo o axeitadas que unha actividade tan necesaria para o desenrrolo social dun pobo precisa e merece.

É no ano 1983 cando chega o primeiro gran éxito deportivo deste clube, coa clasificación da CARMELA para os campionatos nacionas que se celebran na localidade cantabra de Castro Urdiales, donde a embarcación patroneada por “Quico Moure” acada a sexta posición.

No ano 1984, con Francisco Moure como novo presidente da sociedade, acadase o maior logro deportivo na historia do deporte da Pobra do Caramiñal, o Club de Remo Puebla proclamase Campeón de España de bateis na categoría Infantil, tamen en augas de Castro Urdiales, e embarcación composta por Silverio como patrón, Callón, Josemari, Noli e Frán acadan o primeiro titulo nacional de bateis para Galicia. Ese mesmo ano o equipo de cadetes obtén o 5º posto nacional. Nos seguintes anos o clube está presente de xeito ininterrumpido nos campionatos nacionas de bateis cos xuvenis no ano 1985, con infantís e cadetes no 1986, obtendo a medalla de bronce cos cadetes, e cos cadetes no ano 1987.

No ano 1985 mercase a primeira traineiriña, acadando ese mesmo ano a clasificación tanto na categoría xuvenil como senior para a participación no campionato nacional, acadando o sexto e séptimo posto respectivamente.

Xa no ano 1988, baixo a presidencia de Cipriano A. Fuentes, que collera a dirección do clube en decembro de 1986, e tras unha exitosa temporada na modalidade de traiñas, a CARMELA clasificase para os campionatos nacionais a celebra en Bermeo donde repite na sexta posición. Neste mesmo ano gañese a 1ª Bandeira Deputaciónd e A Coruña.

Ata o ano 1994, dempois de multiples dificultades, e de estar perto da desaparición, debido principalmente a falla de instalacións, e xa baixo a presidencia de Andrés Fernández, novamente un equipo obtén o pase ó campionato nacional, acadando a medalla de prata na categoría infantil, e proclamándose campión da Copa de Galicia.

Dende o ano 1995, este clube disfruta dunhas novas instalacións situadas no Recheo do Castelo, donde dispón de ximnasio, oficiña, vestiarios e almacén de embaracacións.

No ano 1997 producese a primeira participación dun equipo femenino en competición nacional, acadando a oitava posición na categoría infantil-cadete, campeonato celebrado en Castro Urdiales
Nos anos 2004 e 2005 participase no campionato nacional de banco movil, acadando o quinto posto en doble skull xuvenil femenino e o cuarto posto en skiff xuvenil femenino.

No ano 2005, das máns de Juan Parada como adestrador, e tras un ano sen participar, a “Carmela” retoma a competición de traíñas formando parte da Asociación Liga Galega de traíñas. Participación que continuarán dun xeito ininterrumpido hata a actualidade.

No ano 2006 celebrase a 1ª Bandeira Concello de A Pobra de Traiñas, competición que o clube levaba moitos anos intentando instaurar no calendario deportivo do noso pobo. Acompañado a este logro, o clube adquire unha nova traíña amilibia.

No ano 2007 toma a dirección deportiva da traíña un novo adestrador, Daniel Vazquez, actividade que realizará hata o ano 2012. Un periódo de anos no que o clube obtén un oitavo posto no campeonato de España de traineiriñas no ano 2008 celebrado en Castro Urdiales na categoría xuveníl masculino. En canto á participación na Liga Galega de Traiñas o noso equipo obtén os meritorios 6º posto na prestixiosa Bandeira de Traiñas Teresa Herrera no 2008 e un 5ª posto na Baideira concello de Ares no ano 2009, ambas competicións encadradas dentro do calendario da Liga Galega de Traiñas.

A partir do ano 2011 o clube contará ca instalación do novo pantalán de uso náutico, facilitando tanto as labores de embarque como a seguridade dos nosos remeiros.

O ano 2012 trae a aparición de dúas divisións na competición de traíñas no remo galego, no que o noso equipo tomará parte da liga B. Este ano trae consigo tamén o cambio de adestradores no equipo de traíñas e de categorías inferiores, formando o corpo técnico de equipos xuvenís e senior Raúl Pazos,
dos equipos catedes Juan Parada e dos equipos infantís e femininos Jose Fontao.

Nos dous últimos anos o equipo de traíñas, competindo na segunda división do remo galego, obtivo dos segundos postos nas bandeiras concello de Muros no ano 2012 e na bandeira concello de Vigo no ano 2013. En ambos anos o clube obtén o terceiro posto no final do campeonato dándolle plaza para competir no play off de ascenso á primeira da Liga Galega de traíñas.

No ano 2013 realízase unha ampliación nas instalacións do clube de remo, unha nova oficina e a creación dun foso de remo, primordial para o coidado e aprendizaxe do noso deporte para as categorías base.

O tan buscado ascenso consíguese no ano 2013, posibilitando competir no ano 2014 na LGT A.

No ano 2014, compitese na liga A da LGT, quedando sextos, e mantendo a praza para seguir na mesma liga para o ano 2015.

O ano 2015 estivo cargado de cambios e novos proxectos, o principal, a adquisición dunha nova traiñeira modelo “platanito”, do astaleiro amilibia. Unha adquisición posibilitada gracias ó apoio da deputación de A Coruña e das empresas do municipio, tanto as patrocinadoras coma as colaboradoras. Este proxecto pasa a ser dirixido polo novo adestrador, José Parada “Chiqui”, co cal realizamos a mellor temporada dende a instauración da liga galega de traiñeiras. Acadando o cuarto posto da xeral da lgt-A e obtendo bos resultados coma o segundo posto da bandeira de Vilagarcía e o cuarto porto no trofeo Teresa Herrera.

DIRECCIÓN: Rúa Fernández Albor, S/N. 15940, Pobra do Caramiñal (A Coruña)

981 833 368 / 661 841 002 / club@remopuebla.com / http://remopuebla.com/ / Club Remo Puebla

José Parada Millán
Entrenador
Propio Canteirán
29/11/1980
José Miguel Lojo Martínez
Patrón/Remero
Propio Canteirán
15/08/1980
Gonzalo Triñanes Sánchez
Patrón/Remero
Propio Canteirán
16/07/1975
Miguel Ben Martínez
Remero
Propio Canteirán
26/10/1998
Antón Yáñez Souto
Remero
Propio Canteirán
06/11/1998
Antonio Fdez. Fuentes
Remero
Propio Canteirán
09/02/1974
Jacobo Castelo de la Campa
Remero
Propio Canteirán
04/04/1991
Andrés Santiago Fernández
Remero
Propio Canteirán
27/04/1999
Carlos Triñanes Sánchez
Remero
Propio Canteirán
22/01/1974
Andrés Fdez. Fuentes
Remero
Propio Canteirán
28/10/1971
Manuel Paz García
Remero
Propio Canteirán
19/09/1997
César Varela Paz .
Remero
Propio Canteirán
29/03/1986
Miguel Santos Domínguez
Remero
Propio Canteirán
18/05/1999
José Lijó Vidal .
Remero AB
Propio Canteirán
19/03/1994
Martín González López
Remero AB
Propio Canteirán
03/06/1988
Ángel López García
Remero
Propio Canteirán
21/07/1992
Alberto Varela Paz
Remero AB
Propio Canteirán
26/04/1987
Jairo Outeiral Guimarey
Remero AB
Propio Canteirán
15/07/1995
Breogán Chávez López
Remero AB
Propio Canteirán
10/03/1988
Iago Santos Domínguez
Remero AB
Propio Canteirán
15/11/1994
Salvador Pérez Lago
Remero
Propio Canteirán
23/09/1997
María González Mariño
Patrona
Propio Canteirán
14/03/1993
Andrés Fernández Fuentes
Presidente
Juan Antonio Millán Figueirido
Secretario
maqueta-puebla

Colaboran