cabecera-cangas--tempada-2016

HISTORIACONTACTOPLANTILLADIRECTIVAPATROCINADORESTRAIÑEIRA

A presentación do C.R. Vila de Cangas levouse a cabo o 19 de setembro de 1986. Iníciase en banco fixo, engadíndose posteriormente o banco móbil.

A primeira traíña foi mercada ó C.R. de Tirán “Nosa señora dos Remedios”, bautizándoa co nome de Balea e pintándose de cor negra.

Inicialmente as embarcacións gardábanse en diferentes lugares, coma un taller de mármore no barrio do Forte, nos baixos dunha fábrica de conserva ou en baixos prestados polos veciños, e así ata a actualidade, que se dispón dunhas instalacións na Nave de Deportes Náuticos.

Durante a vida do C.R. Vila de Cangas, son moitos os éxitos acadados, sirva como exemplo os campionatos de España en bateis que se conseguiron nos anos 1987, 1988, 1989, 1991, 1993, 1995, 1998 e 2003, todos en diferentes categorías, tanto masculino coma feminino, nin que dicir ten dos 2º e 3º postos. En trainerilla acadouse o Campionato de España no ano 1989 ademais doutros postos de moito mérito.

En Banco móbil, o Vila de Cangas tamén acadou varios campionatos de España (en 1992, 1993, 1995, 1996 e2008) tanto en masculino como feminino e en diferentes categorías. Así mesmo, participou en probas do Campionato do Mundo 1992 – Montreal (6º), 1993 – Oslo (6º), 1994 – Munich (4º), 1995-Poznan (Bronce), 1997 – Bélxica (7º).

Indicar que o Club é pioneiro na expansión do Remoergómetro a nivel escolar na zona do Morrazo, acadando uns logros máis que aceptables. No presente ano conseguiuse, no Campionato de Galicia de Remo Indoor, un Ouro feminino en Xuvenil, outro Ouro en relevos Xuvenil e Prata en Infantís féminas. No Campionato de España a xuvenil Beatriz Piñeiro conseguiu un merecido Bronce.

DIRECCIÓN: Nave de deportes Nauticos, s/n. 36940, Cangas (Pontevedra).

986 30 67 52 / 600 85 95 06 / 685 95 04 55 / crviladecangas@hotmail.com / Club de Remo Vila de Cangas

Camilo Noles Maquieira
Presidente
David Castro Pires
Vicepresidente
Mª Carmen Rodal Sotelo
Secretaria
Jaime Martínez González
Tesorero
Esther Rial Sanjuan
Delegada
maqueta-cangas