A Cabana ascenso á LGT A e Ares Gañador da LGT A

  • en

A Cabana y Ares, vencedores dunha regata de clausura que foi una festa

O CR Ares certificou o sábado no porto de Burela a súa gran tempada, gañando a LGT A 2016, e celebrou a súa vitoria levándose a IV Bandeira A Mariña na xornada do domingo. No playoff de ascenso, o CR A Cabana Ferrol remontou tras unha mala regata o sábado para acabar logrando o ascenso.

14064262_1158553437545180_4031135700342049469_n

Poñía punto e final a Liga Galega de Traiñeiras a esta tempada 2016 en terras da Mariña Lucense, cunha contrarreloxo de dobre xornada que se celebrou o sábado no Concello de Burela e o domingo en Ribadeo. Esta proba, que implicaba a todas as embarcacións, tanto da Liga A como da B, incluía tamén o playoff de ascenso á LGT A, a disputar entre o CN Boiro e A Cabana Ferro, e o CR Salgado Perillo, que loitaría por non descender á LGT B.

Na xornada de sábado, cun porto de Burela ateigado de xente, con mención especial para os seareiros do CR Ares, dábanse unhas condicións complicadas para a competición, cun forte vento soprando de costado e unha virada no lado de terra cun alto grado de dificultade. Comezaba esta Bandeira coas tripulacións que loitaban polo ascenso. O Sorteo determinou que A Cabana Ferrol comezase en primeiro lugar, seguido do CR Salgado Perillo e finalmente do CN Boiro.

Foron os rapaces do Cabo da Cruz, cunha tripulación que de media apenas sobrepasaba os 20 anos, os que tomaron vantaxe nesta primeira xornada de contrarreloxo, sacándolle 14100282_1153392884727902_5849754247657289804_nnove segundos aos ferroláns, o que lles daba unha boa vantaxe de cara ao domingo. Entraba en terceiro lugar un CR Salgado Perillo que se vía moi lonxe da cabeza.

A continuación tivo lugar a quenda da LGT B, non puntuable e sen nada en xogo máis que a honra dos clubs. Esta quenda foi dominada por un CR Rianxo que pese a ter logrado o ascenso directo non baixou o ritmo, e se fixo coa vitoria cun tempo de 22:18. Segundo foi o CM Mera, con 22:37, que certifica así a súa gran tempada, e terceiro un sorprendente CR Vila de Cangas, con 22:42. A continuación entraron o CR Puebla B, 22:53, e o CR Narón, con 23:04.

E chegaba o momento de disputar a última regata puntuable da LGT A, na que o CR Ares e a SD Samertolameu se xogaban o título de campión de liga. Na primeira quenda o CR Mecos Mondariz facíase coa vitoria cun tempo de 22:01, seguido de cerca por Amegrove CRDC e CM Bueu Teccarsa, con 22:02, deixando todo aberto para o domingo. A continuación entraban o CR Chapela con 22:08 e a Revenida do CR Vilaxoán con 22:36.

E xa na quenda da honra, o CR Ares non daba opción, e tras ir liderando a regata en cada un dos longos e levado en brazos pola súa afición, desprazada en autobuses ata Burela para darlles folgos, facíase coa vitoria, gañando así a LGT A 2016, cun tepo de 20:36:67. Segundo foi a SD Samertolameu, con 20:50:85 e terceiro o CR Puebla con 20:51:06. A continuación entraban o CR Coruxo con 21:10:65 e o CM Castropol con 21:12:53.

Desta forma o CR Ares completaba a mellor tempada da súa historia, e lograba o título de campión.

Pero aínda quedaba moita competición nesta Liga Galega, coa xornada do domingo no concello de Ribadeo. Na segunda xornada da IV Bandeira A Mariña decidiríase o ascenso á Liga A, así como o de LGT Feminina.

14039931_1159042677496256_6754606123239226512_n

En canto ao playoff, o CR A Cabana Ferrol protagonizou unha espectacular remontada fronte a un Cabo B descoñecido, que se viron superados incluso polo CR Salgado Perillo. E é que os ferroláns, cun tempo de 20.17:20 (43.16:59 de total) facíanse coa primeira praza, logrando así voltar á LGT A no ano do seu retorno á competición, tras un ano sen sacar a traiñeira ao mar. Segundo sería Salgado Perillo con 20.27:61 (43.31:31de total), e terceiro o CN Boiro, ao que os 10 segundo de vantaxe do sábado resultaron insuficientes, facendo 20.40:68 (43.32:09 de total)

A continuación tivo lugar a última proba puntuable da LGT Feminina, na que o vencedor xa estaba máis que decidido, posto que o CN Boiro está un nivel por enriba de A Cabana Ferrol e do CR Chapela, xa que disputa a Liga Euskotren. A vitoria foi para as rapazas do Cabo da Cruz, con 10.47:74, seguidas das de Chapela con 11.21:23 e en terceiro lugar entraban as ferroláns con 11.38:57, que se viron superadas en todas as regatas puntuables, pese a gañar dúas bandeiras en regatas non puntuables.

E finalmente tivo lugar a segunda parte desa contrarreloxo que incluía aos clubs de Liga A e Liga B. A vitoria final foi para un CR Ares que remata así a tempada regular no máis alto, cun tempo de total 40.21:64. En segunda posición entrou unha SD Samertolameu que pese a romper a pica conseguiu manterse preto de Ares, facendo un tempo total de 40.41:17, e que buscará o ascenso para voltar á ACT no playoff. Terceiro foi o CR Puebla, que remata así unha gran temporada na que gañou a primeira bandeira da súa historia, cun tempo total de 40.41:80.A cuarta posición foi para o CM Castropol, con 41.08:52. Estas catro embarcacións remataron a liga pero non a tempada. A vindeira semana representarán a LGT na prestixiosa Bandeira da Concha. E ademais o C.R. Ares e a S.D. Samertolameu tentarán ascender a Liga ACT o vindeiro 17 e 18 de Setembro no play off de ascenso.

28991426196_0ae6c194f4_b

A quinta posición foi para o CR Coruxo con 41.23:05, gran tempada tamén a da Fontaíña con dúas bandeiras, sexto o CR Mecos Mondariz cun tempo de 42.13:58, sétimo o C.M. Bueu-Tecarsa con 42.15:30, oitavo Amegrove C.R. con 42.15:30, noveno C.R. Chapela con 42.24:17, décimo C.R. Rianxo con 42.24:17, undécimo C.D.M. Mera con 43:14.76, décimo segundo C.R. Puebla B con 43:43.08, décimo terceiro C.R. Vilaxoán 43:49.21, décimo cuarto C.R. Vila de Cangas con 43:53.90, anécdota da xornada patroneando a Balea Vicente, directivo do club, e en decimo quinta posición o C.R. Narón con 44:24.30

Ca dobre xornada da Mariña Lucense finaliza a LGT máis disputada e emocionante da historia. Oito equipos campións de bandeiras entre as tres ligas: catros campións na liga A, tres na liga B e unha na liga feminina. Títulos nas ligas masculinas que se tiveron que resolver na última xornada cos dous aspirantes a un punto de diferenza. Na liga A ata sete equipos remataron nalgunha bandeira entre os tres primeiros. E na zona media o gran nivel da liga agasallounos cun baile de posicións constantes na que calquera equipo podía rematar no alto da táboa como caer ata a novena posición. Na zona Baixa Vilaxoán e Perillo disputaron unha preciosa batalla deportiva por eludir o play off. Na liga B ata seis equipos remataron nalgunha ocasión na quenda de honra. Na liga feminina Cabo da Cruz dominou con claridade mostrando seu gran momento clasificándose para a liga Euscotren, o C.R. Chapela continuou co seu proxecto e o C.R. A Cabana Ferrol volvía ó mar. O bo momento do remo galego é palpable pero inda ten moito marxe de mellora. E nada de isto sería posible sen o apoio dos patrocinadores da liga Confortex, Nutrisport e Sputnik, pero sobre todo grazas ó traballo que fan dende cada directiva por quitar a traiñeira ó mar cada ano e o gran esforzo que realizan todos os remeiros e remeiras tanto físico como persoal.

Vos facedes todo isto posible. Grazas.

 

Equipo de comunicación da LGT.

Attachment