Chégase á metade da competición con sorpresa

  • en

Meira móstrase intratable

A S.D. Samertolameu gaña a dobre xornada en Bueu e en Rianxo. Puebla cae a carta posición en Bueu e afástase da liga. A zona media da táboa segue moi aberta.

Disputáronse esta fin de semana dúas novas xornadas da Liga Galega de Traíñas A, en Bueu e Rianxo, e ámbalas dúas remataron co mesmo vencedor, a S.D. Samertolameu.

Nas dúas xornadas saíron dende a primeira quenda o C.R. Rianxo, o C.R. Salgado – Perillo e o C.R. Chapela. O resultado foi o mesmo en ambas probas. Primeira posición para o C.R. Rianxo seguido do C.R. Chapela e pechando as quendas e a clasificacións o C.R. Salgado – Perillo.

Na zona media todo está por decidirse. Na xornada do sábado, o C.R. Vilaxoán pechaba a segunda quenda finalizando en oitava posición. Por diante dos vilaxoaneses chegaba o C.R. Coruxo e Amegrove C.R. marcando mellor tempo que o C.R. Mecos – Mondariz na terceira quenda, deixando á Mequiña en sétima posición. A sorpresa estivo na cuarta praza que foi para o C.R. Puebla, que se viu superado polo C.M. Bueu – Tecarsa e, dende a segunda quenda, polo C.M. Castropol. O segundo posto deixaba ós asturianos a só un punto dos de Bueu.

Pero o domingo de novo a liga deu outro envorco. Tras unha igualada segunda quenda finalmente o C.R. Mecos – Mondariz superaba ó C.R. Vilaxoán. O tempo de estas dúas embarcacións foi superior ó do C.M. Bueu – Tecarsa e ó do C.M. Castropol. Deixando a Mequiña e a Virxe do Carme en postos de quenda de honra por detrás do C.R. Puebla e da S.D. Samertolameu. En terceira posición da segunda quenda chegou Amegrove C.R. superando ó C.M. Castropol por un segundo, e xusto un segundo por detrás da Maruxía. De este xeito, o C.M. Bueu – Tecarsa foi quinto, a Pabliño sexta, e o C.M. Castropol sétimo. Pecharía tanto a segunda quenda como a zona media da táboa o C.R. Coruxo, finalizando en oitava posición.

Tralo acontecido este fin de semana. A S.D. Samertolameu lidera con claridade a LGT A con 107, xa o que seu maior rival é o C.R. Puebla que se mantén segundo con 92. Nunha cómoda terceira praza atópase o C.R. Mecos – Mondariz con 83. Pecha a quenda de honra o C.M. Bueu – Tecarsa con 72 seguido do C.M. Castropol con 69 e Amegrove C.R. con 63. O cambio da xornada estivo na sétima posición, onde o C.R. Vilaxoán con 55 puntos avantaxa ó C.R. Coruxo con 54. Pecha a clasificación pero ca salvación moi preto o C.R. Rianxo con 31 e o C.R. Chapela con 23. E o posto de play off está ocupado polo C.R. Salgado – Perillo con 11 puntos.

 

Monotonía e revolución na Liga Galega B

 As regatas da fin de semana en Mugardos deixaron resultados totalmente diferentes, pese a que o campo e os clubes foron, a priori, os mesmos. Quedou demostrado unha vez máis o caprichoso que pode chegar a ser o mar, xunto ao vento, neste deporte.

 Arrincaba o sábado a VII Bandeira Reganosa cun forte vento do S-SW que sopraba con fortes rachas e picaba o mar. Atopáronse os remeiros un longo de ida bastante favorable, en dirección a Ferrol, e un longo de volta, en palabra de varios dos adestradores, infernal, por mor do vento en contra e a corrente.

 A primeira quenda seguiu a tónica das últimas regatas, co CR Virxe da Guía demostrando a súa melloría e levando a vitoria, a 12 segundos do CR Virxe da Guía. Terceira foi de no a AD Esteirana, que vé como este ano se lles está a facer longo, pero non tiran a toalla.

 Na quenda da honra, o interés estaba na loita pola segunda posición, posto que ningún club parece ser capaz de facerlle sombra ao CDM Mera cando as condicións son parexas. Finalmente esa segunda posición foi para a tripulación local, o CM Mugardos, que olvidou rápidamente a terceira posición obtida a fin de semana pasada e asegurou o seu segundo posto na clasificación. Terceiro entraba o CR Muros, que con tres baixas importantes pouco máis puido facer, e cuarto era un CR Cedeira que se atopa en terra de ninguén, posto que se alonxa da primeira quenda pero non da alcanzado aos da segunda.

 O domingo pola mañá os clubes amanecían mirando ao ceo e esperando que non se voltase a levantar o forte vento da xornada anterior. E así parecía que ía ser ao comezo da primeira quenda, co mar coma un plato e un vento tamén de S-SW pero suave.

 O CR Virxe da Guía facíase de novo coa vitoria tras volar polo campo de regatas, cun tempo (19:32:79) digno de calquera campión de ligas superiores. Vila de Cangas entraba segundo, a oito segundos e lamentándose quizáis por non meter un equipo que lle permitise achegarse máis aos de Teis con esas condicións climatolóxicas. Terceira era de novo a Esteirana.

 Os tempos logrados por A Punta e A Balea xa facían presaxiar que podía saltar a sorpresa en Mugardos, presaxio que se confimou cando pouco antes da saída da quenda da honra comenzaba a soplar de novo o forte vento da xornada anterior.

 Na propia quenda non houbo cambios respecto ao día anterior, Mera facíase coa vitoria, pero cun tempo de 19:36:15 non lle chegaba para lograr a súa quinta bandeira consecutiva. Segundo entraba Mugardos, terceiro Muros e cuarto Cedeira, pero con tempos inferiores aos da primeira quenda, sen dúbida provocados por ese forte vento.

 Polo tanto confirmábase a sorpresa e o CR Virxe da Guía facíase coa bandeira de forma inesperada. Segundo chegaba Mera, que amplía o seu liderazgo por mor de que ao ser o CR Vila de Cangas terceiro, o CM Mugardos veuse relegado á cuarta praza. Quinto foi o CR Muros, sexto Cedeira e a Esteirana foi sétimo.

 Quedou claro de novo, como xa pasou en outras ocasións nesta temporada, aínda que nunca en Liga B, que o clima é un rival a bater moitas veces, pero tamén pode ser un gran aliado nunha regata.

Equipo Comunicación LGT

Attachment

Colaboran