Clubs participantes na LGT 2018

  • en

¡NOVO MÁXIMO HISTÓRICO DE PARTICIPACIÓN!

A Asociación Liga Noroeste segue crecendo cada tempada e aumenta en tres o número de participantes para a tempada 2018.

Co prazo de inscrición finalizado, por fin podemos facer reconto dos clubs que participarán na Liga Galega de Traiñeiras e serán socios da Asociación Liga Noroeste durante o 2018. Os clubs son:

1- SD Samertolameu
2- CR Puebla
3- CR Mecos-Mondariz
4- CM Bueu-Teccarsa
5- CM Castropol
6- Amegrove CR
7- CR Coruxo
8- CR Vilaxoán
9- CR Rianxo
10- CR Chapela
11- CR Salgado-Perillo
12- CDM Mera
13- CM Mugardos
14- CR Muros
15- CR Virxe da Guía
16- CR Cedeira
17- CR Vila de Cangas
18- AD Esteirana
19- CR Ares
20- CR A Cabana-Ferrol
21- CR Cabo da Cruz B

Un total de 21 clubs que competiran nos peiraos galegos durante a tempada 2018, e que conforme ao establecido na actual Normativa de Competición, quedarán organizados en dúas Ligas:

LIGA A – 12 clubs     /     LIGA B – 9 clubs

Os clubs que continúan un ano máis na Liga son: SD Samertolameu, CR Puebla, CR Mecos-Mondariz, CM Bueu-Teccarsa, CM Castropol, Amegrove CR, CR Coruxo, CR Vilaxoán, CR Rianxo, CR Chapela, CR Salgado-Perillo, CDM Mera, CM Mugardos, CR Muros, CR Virxe da Guía, CR Cedeira, CR Vila de Cangas e AD Esteirana

Clubs que volven a ALN e LGT:

CR Ares, CR A Cabana-Ferrol e CR Cabo da Cruz B.

A todos os inscritos trasladarlles os mellores desexos para afrontar unha nova competición da LGT, para que durante a tempada 2018 colleiten moitos éxitos deportivos dentro da familia do remo galego de traiñeiras.

Por outra banda, lamentar as ausencias de CR Narón e CCD Cesantes que loitaron ata o derradeiro momento para poder sacar traiñeira.

¡REMOS EN ALTO!

1

Attachment

Colaboran