A competición regresa á Liga A e Muros coa súa primeira regata

  • en

Unha única proba puntuable en cada liga. As embarcacións volven a competición tras unha semana de parón para disputar o campionato de España. Ningunha embarcación galega acudiu a cita.

A liga A regresa na Pobra

O vindeiro sábado a partir das 16:30 da tarde terá a lugar a XII Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal, no Peirao Pobra do Caramiñal. Será a undécima proba puntuable da tempada e restarán tres para concluír a tempada.

Tras un fin de semana de parón pola disputa dun caótico campionato de España, sen representación galega, as embarcacións da LGT volven a competición para deleitar o público cun campionato disputado e emocionante. É un día idóneo para que o C.R. Pobra volva a senda do triunfo ante o seu público, pero non será nada doado, para elo terá que superar ó líder da liga, a S.D. Samertolameu, que chega nun gran momento de forma, pero tamén as outras seis embarcacións que loitan por entrar na quenda de honra pero que non perden de vista as posibilidades de gañar unha bandeira como é o caso do C.R. Mecos – Mondariz, o C.M. Bueu – Tecarsa, o C.M. Castropol, Amegrove C.R., C.R. Vilaxoán e o C.R. Coruxo. Obxectivo máis complicado para o C.R. Rianxo, o C.R. Chapela e o C.R. Salgado – Perillo, pero o acontecido en Mugardos polo C.R. Virxe da Guía na liga B, demostra que nesta liga galega todo é posible.

A competición disputarase a seis longos. Unha regata dura para os remeiros pero agradecida para o público asistente, pudendo visualizar gran parte da regata e gozar dunha competición moi interesante.

 

O C.R. Muros organiza a súa primeira bandeira na liga galega

A liga b desprazarase, tamén o sábado, a Muros para celebrar a I Bandeira Muros de San Pedro. O lugar no que se disputará será o Porto de Muros, a partir das 18:30.

A liga B aumenta a emoción co paso das xornadas. A primeira posición tena practicamente pechada o C.D.M. Mera, pero por detrás a igualdade é máxima entre o C.M. Mugardos e o C.R. Muros. Ambas embarcacións tamén teñen case atada a súa presenza nos play off de ascenso, pero aínda non saben o que é gañar unha bandeira esta tempada e tanto a Bestarruza como a Muradana loitarán en Muros por logralo. Especialmente estes últimos remando ante a súa afección. A quenda de honra parecía que a pecharía o C.R. Cedeira, pero os últimos resultados fixeron que o C.R. Virxe da Guía lle arrebatase esa prezada carta posición e abrise as opcións do C.R. Vila de Cangas. Con catro puntos de diferenza, estas embarcacións apurarán as súas opcións para rematar a tempada no cadro de honra. Pecha a liga unha A.D. Esteirana, que gozará de dúas opcións inmellorables para dar a volta a súa situación. Xa que tanto esta semana como a que ven remarán tamén ante o seu público.

A I Bandeira Muros de San Pedro, será a primeira regata que o C.R. Muros organiza dentro da liga galega. Isto, unido a extraordinaria tempada que están a facer os anfitrións e a posibilidade de ver en competición ós dous equipos da localidade é unha ocasión inmellorable para que a xente de Muros achéguese ó Porto de Muros a gozar da liga galega de traiñeiras.

Equipo de Comunicación LGT

Attachment

Colaboran