O CR RIANXO AFIANZA O SEU LIDERATO

  • en

O CR Rianxo gaña na casa

A última regata do mes de xullo, que da paso a un agosto no que haberá dobre regata todas as semanas, supuxo a confirmación para un CR Rianxo que comezou a tempada con dúbidas pero que nas últimas semanas logrou un estado de forma óptimo e aspira a todo.

IMG_1379

Tras a victoria do sábado na XXVII Bandeira Concello de Cangas, a tripulación da Virxe de Guadalupe chegaba á súa proba líder da clasificación da LGT B e con dúas vitorias seguidas, co claro obxetivo de brindar unha bandeira a súa afeción, que abarrotaba  o peirao de Rianxo dende primeira hora da mañá.

E efectivamente cumpliuse o guión establecido. Noutro dos preciosos duelos que nos levan brindando todo o mes de xullo os rapaces de Cabo de Cruz B e os rianxeiros, ambas tripulacións chegaron case iguladas á terceira virada, pero nun último longo magnífico, aos que xa nos teñen acostumados os rapaces de Diego Portela, os locais lograban a vitoria na súa casa. Nesa mesma quenda, o CM Mera lograba a terceira posición por diante dun CR A Cabana Ferrol que tivo un percance ao caer o seu piqueiro ao mar na primeira ciaboga, quedando así alonxado dos postos de cabeza e caendojpg (12) ata última posición, pese ao cal segue a manter a terceira posición na clasificación xeral.

Na primeira quenda saltou a sorpresa, dado que o CR Vila de Cangas, que viña encadeando unha serie de resultados negativos, fíxose coa vitoria, logrando un meritorio cuarto posto no xeral da regata, que os alonxa da última posición, na que parece estancada a Carmela do CR Puebla B. O CR Narón continúa coa súa regularidade e gañando experiencia, quedando segundo nesta quenda e facendo méritos para entrar na quenda da honra.

Durante a regata tivo lugar o evento “Ponlle as pilas ao teu bocata”, organizado por ANFACO, a Xunta de Galicia e a LGT, na que se repartiron de forma gratuita bocadillos de produtos do mar aos rapaces de entre tres e 14 anos.

13886474_1136395219761002_2965625872949893173_n

Tras a conclusión da regata tivo lugar a entrega de trofeos. A Bandeira foi entregada polo Alcalde do Concello de Rianxo, don Adolfo Muiños, mentres que o maillot de líder entregouno o Patrón Maior da Cofradía de Rianxo, don Miguel Ángel Iglesias. Tamén tivo lugar o habitual sorteo do colchón de Confortex, patrocinador principal da Liga Galega de Traiñeiras.

 

Equipo Comunicación LGT

Attachment

Colaboran