Derradeira asamblea do ano da ALN

  • en

IMG-20141220-WA0001Este pasado venres 19 de decembro tivo lugar en Santiago a derradeira asamblea do ano da ALN nas dependencia que a Secretaría Xeral para o Deporte tén no Estadio de San Lázaro. Con absoluta puntualidade dou comezo a asamblea que estaba prevista para as 19 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 en segunda. Unha xuntanza na que estiveron ausentes os clubes de Puebla, Amegrove e Mugardos.

Na orde do día só había un punto que non era outro que continuar coas modificacións da normativa que non se puideron votar por falta de tempo na Asamblea do 5 de Decembro. Os acordos máis importantes que se tomaron onte, pendentes de ratificar coa aprobación desta acta na seguinte asamblea que xa se celebrará o vindeiro ano foron:

  • Manterase para a próxima tempada o número de 22 licenzas por clube.
  • Permitiranse 3 baixas sen xustificantes pero terán unha data límite para realizalas que será a derradeira regata de xullo.
  • Se non se completan as 22 licenzas por clube, estes terán tamén ata a derradeira regata de xullo para incorporar remeiros.

A estas modificacións da normativa hai que engadirlle as que xa se aprobaran anteriormente en relación ós dereitos de formación.

Ademais a Directiva da LGT co seu presidente Xosé Francisco Romero aproveitou o punto de rogos e preguntas para trasladarlle a tódolos socios os diferentes proxectos nos que se leva trasballando nestes meses dende a empresa que xestiona a competición: EcoSport. Asi informouse principalmente:

  • Do calendario de pretempada onde se lle solicitou ós clubes que reservanse dúas datas para desputar dúas regatas onde se van a probar tódalas novidades que despois se poderán ver nos meses de verán durante a competición.
  • Do plan de comunicación da LGT no que se está traballando para chegar a asinar un convenio coas universidades galegas.
  • Das xestións que EcoSport está levando a cabo con diferentes patrocinadores para a LGT.
  • Do proxecto que lle foi remitido a ARC para desputar algunha regata conxunta coa LGT.

Pendente que se convoque oficialmente a próxima Asamblea quedou fixada para o 16 de xaneiro de 2.015.

Colaboran