Dobre xornada de LGT-A cunha regata televisada

  • en

28664111936_e0c537ef9b_b

Volve a “LGT” este fin de semana cunha dobre xornada, tralo parón da liga pola disputa do trofeo Teresa Herrera. Disputarase o sábado a XXI Bandeira Concello de Bueu de Traíñas e o domingo a II Bandeira Parquistas de Carril.

O C.M. de Bueu-Teccarsa será o encargado de organizar o sábado a XXI Bandeira Concello de Bueu de Traíñas as 17:30 no Peirao de Bueu. Cunha “LGT A” máis igualada que nunca tralo acontecido na XXIV Bandeira Concello de Vigo. A regata organizada en Coruxo, deixounos a clasificación ardendo, cos tres primeiros equipos separados por un punto entre eles. A S.D. Samertolameu segue liderando a clasificación pero as diferenzas son mínimas co C.R. Ares e co C.R. Puebla. Cerra a quenda de honra o C.R. Coruxo que arrebatou a praza ó C.M. Castropol. Os asturianos baixan a segunda quenda que compartirán ca embarcación local do C.M. Bueu, co C.R. Mecos-Mondariz e co C.R. Chapela. A primeira quenda non sufre cambios e seguirán composta por Amegrove C.R., C.R. Vilaxoán e C.R. Salgado Perillo.

O domingo será o C.R. Vilaxoán o que organice a II Bandeira Parquistas de Carril, que terá lugar no Peirao de Carril as 18:00. Ademáis de ser unha regata a seis longos, cabe destacar que esta Bandeira será televisada en directo pola TVG-2, primeira bandeira que se emite en directo esta tempada. Dende a organización da regata tamén poñerán unha pantalla xigante na capa de degustación para que os asistentes poidan seguir a regata en todo momento.

Non faltarán a ambos eventos o apoio dos nosos patrocinadores da liga. Sorteo dos colchón Conforttex, venta de roupa especializada en remo Sputnik e o soporte enerxético de NutriSport.

Equipo Comunicación LGT

Attachment

Colaboran