Solución de problemas APP LigaLGT

Introducimos breve explicación de como solucionar algúns problemas comúns de execución na aplicación “LigaLGT” para PC.

 

1º – Executar a aplicación en modo Administrador.

Un dos principais invenientes que estamos tendo cos usuarios e que a aplicación non ten privilexios de administrador polo cal o programa non pode xerar arquivos no ordenador, a aplicación usa ese privilexio para as imaxes y xerar e aliniacións. Se o ordenador onde se esta executando lle di que non pode facer iso a aplicación deixa de funcionar.

 Solución:

Cando vamos a iniciar a aplicación pulsamos botón dereito sobre el icono y eliximos no menú desplegable “Ejecutar como Administrador”

execadmin

 

2º – A aplicación non conecta cando escribo usuario e contrasinal.

O programa intenta comunicarse co servidor onde están os datos pero non obtén resposta, polo cal mostra “Contraseña incorrecta” ou algo similar, isto pode ser por varios motivos:

  • Non hai conexión a internet.
  • O porto de comunicación 8080 do ordenador esta bloqueado.
  • O router ou conexión que esta usando bloquea as comunicaciones polo porto 8080.
  • Usuario ou contrasinal incorrectos.

Solución

-Comprobar que temos internet.

– Comprobar que 0 Antivirus ou Firewall de windows non nos bloquea a aplicación e o porto 8080.

Moitos antivirus están configurados por defecto para que bloqueen os portos de comunicacións que non se soen usar, como pode ser o do “8080”. A solución e desactivar o antivirus cando  se vaia a usar a aplicación, e o correcto sería entrar nas opcións do antivirus para ordenarlle que non bloquee nada referente á aplicación LigaLGT.exe.

O firewall de windows por defecto non soe bloquear o porto 8080, pero pode que o activirus o active e mande esa orden, comprobade que no esta bloqueado.

Pulsade aqui para ver como se activa un programa en caso de que este bloqueado por o firewall de windows.

– As conexións “Publicas (Concellos, locales de organismos oficiais, ou tamén, Wifi de locales públicos)” soen ter todos os portos de comunicacións bloqueados excepto o 80 que é o que se usa para ver as páxinas web, polo cal sería imposible usar a aplicación a non ser que se lle comunique a esa rede que abra o porto (8080).

– Comprobe que o usuario e contrasinal son os correctos.

 

Prégase que de existir calquer outro erro non relacionado cos indicados se envíe un correo a: administracion@ligalgt.com

  • A mensaxe enviada ten que explicar correctamente os pasos que se fan, para así poder reproducilos, e ver que de qué erro se trata.
  • Necesitamos unha captura (imaxe ou vídeo) do erro e toda a máxima información que vostede poida proporcionarnos. Información como o sistema operativo que esta usando, internet, antivirus, etc.

 

Cita

“Cada PC persoal é un mundo diferente, con miles de configuracións diferentes, polo cal existen moitas posibles causas para cada erro, pregamos que teña paciencia para solventala incidencia”

 

Colaboran