Hora de facelos deberes

  • en

Derradeira dobre xornada puntuable na liga A. Carril e Meira pecharán a LGT 2017. O Teresa Herrera finalmente non será puntuable en categoría masculina (aínda que sí en feminina).

A LGT A chega ó seu fin. E o fai cunha dobre xornada en Carril e Meira para poñer o punto e final a esta tempada. A III Bandeira parquistas de Carril terá lugar o sábado a partir das 18:30 no Peirao de Carril, nunha regata organizada polo C.R. Vilaxoán.

O domingo será a S.D. Samertolameu a que organice a III Bandeira Illa do Samertolameu – Concello de Moaña, a partir das 12:00 no Porto de Meira. Estas dúas regatas pecharán a LGT 2017, xa que finalmente o Teresa Herrera non será puntuable.

¿Qué se xogan os equipos esta fin de semana?

A S.D. Samertolameu necesita seis puntos para proclamarse campión da liga galega de traiñeiras 2017, todo fai indicar que gañará a liga en Carril e que o domingo o celebrará ante o seu público.

O C.R. Puebla ten moi difícil loitar pola liga, para elo debería facer dezasete puntos máis que a S.D. Samertolameu, a posibilidades son nulas, pero gañar algunha das bandeiras sería un broche de ouro para unha gran tempada da Carmela.

O C.R. Mecos – Mondariz, ca terceira praza case asegurada, 11 puntos por debaixo de Puebla e 10 por riba de Bueu, será moi difícil que a Mequiña alterne a súa posición neste fin e tempada. Manter a súa regularidade e rematar ambas regatas en postos de honra ou loitar polas bandeiras será o aliciente da Mequiña para a derradeira fin de semana.

O C.M. Bueu – Tecarsa está nunha situación similar a da Mequiña, 10 puntos por debaixo dos do Grove, e 8 por riba do C.M. Castropol. Ca igualdade que existe na liga un mal fin de semana da Maruxía podería dar vida ós asturianos, algo que semella complicado vendo o nivel mostrado polos de Bueu nas últimas xornadas.

O C.M. Castropol que ata a última xornada estaba loitando moi preto do C.M. Bueu – Tecarsa, nas últimas datas terá que enfrontarse a Amegrove C.R. para tentar salvar a quinta posición, só 3 puntos separan a Ría do Eo da Pabliño.

Amegrove C.R. grazas as boas actuacións nas últimas regatas, chega ó final da competición con opcións de aspirar a quinta praza, recortar os tres puntos dos asturianos será o obxectivo da Pabliño para pechar a liga.

C.R. Coruxo e C.R. Vilaxoán, o duelo máis igualado da fin da liga enfrontará ós da Fontaiña ca Virxe do Carme. Ambas embarcacións chegan igualadas a sesenta puntos, e loitarán por facerse ca sétima praza da liga. Será moi difícil que recorten os dez puntos de vantaxe que ten Amegrove C.R. na sexta posición. O C.R. Vilaxoán foi de menos a máis ó longo da tempada, mentres que o C.R. Coruxo pasou unha temporada de altibaixos.

O C.R. Rianxo gozará dun final de liga moi agradable. Cos obxectivos cumpridos con creces. Asentado na novena posición con nove puntos de vantaxe sobre Chapela, ós da Virxe da Guadalupe aproveitarán as dúas regatas para prepararse de cara ó Teresa Herrera.

O C.R. Chapela rematará unha tempada, na que tivo moitos problemas, cos deberes feitos. A novena posición a que optaban está moi lonxe, pero máis lonxe está o seu obxectivo principal que era eludir o descenso. Os da Arealonga ó igual cos de Rianxo aproveitarán estas regatas para coller sensacións de cara ó Teresa Herrera.

O C.R. Salgado – Perillo, outra embarcación que ó igual que os de Chapela, encontrouse con mil e un problemas esta tempada. Cun equipo moi novo a Santa Leocadia non puido evitar pechar a clasificación. Os doce puntos de desvantaxe que teñen con respecto a Chapela, fará que os de Oleiros teñan máis a cabeza en prepararse para o play off que en loitar por unha remontada épica.

Acaba a liga pero non o remo galego

A pesar de que esta sexa a última fin de semana puntuable da LGT A 2017, aínda queda moito remo antes de finalizar o verán. A vindeira fin de semana disputarase o trofeo Teresa Herrera, que será puntuable para a competición feminina. Posteriormente disputarase a bandeira da Concha, ca representación galega das embarcacións galegas da ACT, co C.M. Castropol e a expensas de coñecer os equipos galegos que serán invitados. E finalizarase a tempada co play off de participación na ACT, no que estarán case seguro, o C.R. Ares, a S.D. Samertolameu e o C.R. Puebla.

 

A LIGA B REMATA ESTE 2017 COA “X BANDEIRA CONCELLO DE MUROS”

 O sábado ás 18 horas terá lugar no peirao de Esteiro a derradeira regata puntuable da Liga Galega de Traiñeiras B.

 Co campionato xa decidido, a emoción estará de novo na loita pola segunda praza entre o CR Muros e o CM Mugardos, separados tan só por un punto. Tamén estará de novo moi interesante esa loita pola cuarta praza que están a disputar o CR Cedeira, o CR Virxe da Guía (só dous puntos entre eles) e en menor medida o CR Vila de Cangas, que quedou algo máis descolgado nas últimas probas pese a notarse a melloría respecto ao inicio de tempada.

 Esta regata será a antesala do playoff de ascenso que terá lugar a próxima fin de semana en augas de A Coruña con motivo a do trofeo Teresa Herrera.

Juanma Lorenzo e Julián Juan (Equipo de comunicación da LGT)

Attachment

Colaboran