A LGT B encara o final da tempada con todo por decidir

  • en

Regatas en Cesantes e Mera

Chegou o mes de agosto e chegaron as dúas últimas fins de semana con dobre regata. Catro probas nas que se decidirá que club ascende de forma directa e que clubes disputarán a fase de ascenso á LGT A.

lgtb

Por ese ascenso directo temos esa encarnizada loita entre o CR Rianxo e o CR Cabo de Cruz. Os rianxeiros veñen lanzados, tras gañar as tres últimas Bandeiras, e intentarán rematar o verán con esa racha, para asegurarse o ascenso. Mentres, os de Boiro, tras un inicio prometedor, quedaron algo máis rezagados nas últimas probas, polo que queren aprobeitar este final de Liga para redimirse.

Mentres, na loita polos playoff, o CR A Cabana Ferrol e o CM Mera, con 22 e 20 puntos respectivamente, intentarán asegurar ese terceiro posto que os leve á fase de ascenso.

Este sábado día 13 terá lugar a primeira batalla, coa III Bandeira Bahía de Mera, dende ás 18:00 horas na Praia de Mera, e continuará o domingo coa III Bandeira CCD Cesantes – Concello de Redondela, no porto de Cesantes, ás 12:00 horas.

Como vemos, fin de semana de máxima emoción na Liga Galega de Traiñeiras B.

Equipo Comunicación LGT

Attachment

Colaboran