A LGT e EcoSport reúnense con Portos de Galicia

  • en
lgtecosportreunionEste pasado  luns 1 de Decembro, unha representación da Xunta Directiva da LGT, con José Almeida e Julio Liñares á cabeza, acompañados por José Peleteiro e Héctor Lorenzo, en nome da empresa Ecosport, encargada de xestionar a competición a vindeira tempada que está a piques de arrancar, reunironse en Pontevedra co Director de Comunicación, Tino Dominguez e o Director de Operacións Portos de Galicia.
Tanto dende a  LGT como dende Ecosport expuxéronlle aos representantes do ente público a necesidade de recuperar a colaboración entre ambos organismos. Para iso presentáronlle en profundidade o proxecto de xestión e o enfoque que tanto Directiva como Empresa lle pretenden dar a Liga Galega de Traiñeiras 2.015.

 

As propostas tiveron moi boa acollida nos representantes de Portos que mostraron un especial interese nas novidades que se están preparando para a próxima tempada e que dende Ecosport lle explicaron minuciosamente e con todo luxo de detalles


Despois de analizar o proxecto de xestión puxéronse enriba de mesa temas concretos tais como a posibilidade de que Portos de Galicia ceda á LGT unhas dependencias que lle sirvan como centro loxístico ou a posibilidade que dende a LGT se colabore con Portos  na promoción dalgún porto galego coa organización dalgunha regata.


A sintonía presidiu toda a xuntanza e as dúas  institucións citáronse para primeiros do próximo ano para continuar concretando un convenio de colaboración satisfactorio para ambas partes.

Colaboran