A Liga B achégase á recta final

  • en

Cedeira será testigo por primeira vez na súa historia dunha regata da Liga Galega de Traiñeiras. Ás 17:30 da tarde no porto da vila terá lugar a II Bandeira Concello de Ceideira, dunha Liga B que afronta as tres últimas regatas antes do playoff de ascenso.

Pese á vitoria por sorpresa do CR Virxe da Guía, a clasificación na parte alta mantívose, co CDM Mera liderando de forma clara, seguido do CM de Mugardos e o CR Muros. Polo tanto  a emoción nesta regata voltará a estar nesa loita pola segunda posición que están a manter eses dous clubes.

Pola parte baixa nos atopamos cun empate a 17 puntos na loita pola cuarta praza entre Cedeira e Virxe da Guía. Cangas está a un punto deles, e a Esteirana en última posición con cinco puntos. Tras levar a bandeira na última regata, a tripulación da Punta chegará con enerxías renovadas disposto a loitar por manterse o que queda de tempada na primeira quenda, pero de seguro que a tripulación local este sábado, o CR Cedeira, non lles porá as cousas nada fáciles.

Máxima emoción polo tanto unha Liga B chea de debutantes e canteiráns que están a demostrar que chegaron á liga para quedarse.

Julián Juan – Equipo Comunicación

Attachment

Colaboran