A Liga Galega de Traiñeiras achégase ao ecuador

  • en

A S.D. Samertolameu gaña con claridade a XXX Bandeira Princesa de Asturias. O C.R. Puebla cae ata a oitava posición. Castropol responde ante o seu público cun segundo posto.

A tempada pasada sorteábase nos campos de regatas un colchón ó gañador dun sorteo. Este ano non hai sorteos, non hai colchóns, só hai liga e competición. Pero tras unha tempada igualada, a S.D. Samertolameu saíu hoxe cun colchón de puntos considerable na loita pola liga. Para elo tivo que superar a súa quenda con total contundencia, deixando atrás non só ós seus compañeiros de partida, se non tamén ós cambios na climatoloxía e nas mareas e superar o tempo do C.M. Castrpol dende a segunda quenda.

Mentres por detrás de Meira, o C.R. Puebla era o que levaba a dianteira ó C.R. Mecos – Mondariz e ó C.M. Bueu – Tecarssa. Pero todo cambiou na segunda virada. A Carmela abriu moito a súa traxectoria e iso o aproveitaron a Mequiña e a Maruxía para poñerse por diante e non ceder no resto da regata. Os tempos finais, situaron ó C.R. Mecos – Mondariz en terceira posición, ó C.M. Bueu – Tecarssa en quinto lugar, por detrás de un C.R. Vilaxoán que está vindo a máis e que quedou segundo na súa quenda, e en oitava posición ó C.R. Puebla, por detrás de Amegrove C.R. e do C.R. Coruxo, que lonxe do seu mellor nivel, pecharon a segunda quenda.

As últimas posicións foron para os tres equipos da primeira quenda. O C.R. Rianxo, que parece que xa lle ten tomada a media ós seus rivais, volveu a gañar a quenda e aumentar a súas diferenzas co C.R. Chapela e co C.R. Salgado – Perillo. A Arealonga non está a atopar boas sensacións nas últimas regatas e os de Oleiros, a pesar da melloría, teñen unha misión case imposible para eludir o play off.

Tralo acontecido hoxe en Castropol, na XXX Bandeira Princesa de Asturias. A distancia entre Meira e Puebla é xa de dez puntos. Unha vantaxe importante cando nos atopamos no ecuador da liga.

De novo polémica

Outra semana máis a polémica estivo servida. Cando ían a saír as embarcacións da terceira quenda o C.R. Mecos – Mondariz non estaba ben aliñado. Unha das árbitras de terra errou levantando a bandeira. Tentouno arranxar baixándoa rapidamente pero de novo outro erro, esta vez do árbitro de mar, que non se decatou de que a árbitra de terra baixara a bandeira e deu a saída. Ante isto, dende terra deron saída nula e volta a empezar.

O mal estar fíxose patente nos equipos que saíran correctamente. Especialmente dende o C.R. Puebla, que xa a semana pasada se viran involucrados noutra acción dubidosa da que tamén se sentían prexudicados.

O CDM Mera segue intratable e o CR Muros demostra que é una alternativa de cara ao Playoff

 

A I Regata Illas Cíes Taysunave, celebrada no porto da ETEA en Teis, serviu para que varios equipos confirmaran que chegaron a esta LGT B para quedarse e loitar por cotas maiores de cara aos próximos anos.

 

Na primeira quenda, o CR Virxe da Guía, organizador da regata, fíxose coa vitoria demostrando que remar na casa supón un extra de motivación, como xa se pasara ao CR Vila de Cangas hai unhas semanas. Segundo entraron os da Balea, que seguen buscando esa remada que lles faga ser regulares. En terceira posición entraba a AD Esteirana, en plena temporada de aprendizaxe.

 

Na quenda da honra, Mera deixou claro que non ten rival, e que a emoción nesta quenda está na disputa pola segunda posición. Nas anteriores regatas ese segundo posto fora a parar sempre a Mugardos, pero esta vez o CR Muros deu un golpe na mesa e demostrou o que xa se viña comentando dende a pretemporada, que terán posibilidades de cara ao playoff. O CDM Mugardos entraba terceiro, sen ser capaces de coller a súa remada en toda a proba, e cuarto era o CR de Cedeira, a apenas 5 segundos dos mugardeses.

 

Polo tanto, o CDM Mera segue líder da clasificación con 21 puntos, catro vantaxe fronte ao CDM Mugardos (17), e terceiro e o CR Muros con 16.

Mecos feminino campioas galegas e Meira mete a quinta na regata máis igualada

A V Bandeira feminina cidade de Ferrol certificou o campionato de liga para o C.R. Mecos. A S.D. Samertolameu gaña a bandeira masculina. Nove segundos de diferenza entre o terceiro e o oitavo clasificado.

C.R. Mecos campioas da LGT Feminina

O C.R. A Cabana Ferrol foi o encargado de organizar a V Bandeira feminina Cidade de Ferrol, quinta proba puntuable da tempada. O resultado da bandeira foi o habitual, quinta regata e quinta vitoria para o C.R. Mecos, que de esta forma certificaba o título de campioas da Liga Galega Feminina 2017. As da Mequiña gañaron unha quenda na que superaron ó C.R. A Cabana Ferrol que foi segunda e ó C.R. Chapela que foi terceira, superando por unhas centésimas ó C.R. Cabo da Cruz, que viña de gañar a primeira quenda. A última posición sería para o C.R. Salgado – Perillo, que de novo deu outro paso adiante rematando a só sete segundos das de Boiro.

A S.D. Samertolameu gaña a quinta bandeira da tempada

A XIV Bandeira Cidade de Ferrol mostrouse como a regata máis igualada de toda a tempada. A vitoria final foi para a S.D. Samertolameu, que mellorou por dous segundos, dende a terceira quenda, o tempo feito polo C.R. Puebla, dende a segunda. Conseguindo a quinta bandeira da tempada.

Da terceira a oitava posición rematarían os outros seis equipos, das dúas últimas quendas, a tan só sete segundos de diferenza. Ó longo das cinco viradas as referencias de tempo situaban a estas embarcacións en menos de tres segundos de distanza. Finalmente no último longo, o C.R. Mecos – Mondariz fíxose ca terceira posición e deixaría ó C.M. Castropol, compañeiro de quenda, na cuarta posición. No quinto lugar chegaría o C.M. Bueu – Tecarsa, superando por unhas centésimas a Amegrove C.R. nun final da segunda quenda moi axustado. A sétima posición sería para o C.R. Coruxo que dende a segunda manga superou por centésimas o tempo final do C.R. Vilaxoán na quenda de honra. Pecharían a clasificación os equipos da primeira quenda. Noveno sería o C.R. Rianxo, décimo C.R. Chapela e undécimo o C.R. Salgado – Perillo.

Juanma Lorenzo (Equipo de Comunicación da LGT)

Attachment

Colaboran