MECOS ÁLZASE LÍDER NA PRIMEIRA REGATA PUNTUABLE DA LIGA B

Miguel Souto García - Ferrol 4/07/2015

Na primeira xornada da XII Bandeira Cidade de Ferrol, onde competiron os clubs da Liga B de traiñeiras, Mecos levouse o título de líder. Nesta regata, acollida en A Cabana, os sete clubs loitaron hoxe por facer o mellor tempo, aínda que hoxe non queda nada decidido, xa que aínda hai que agardar aos resultados da segunda xornada, que se disputa mañá pola tarde.

A clasificación se pecha hoxe con Mecos á cabeza, cunha diferencia de once segundos respecto do segundo, que foi Castropol. Os equipos son conscientes de que aínda teñen por diante unha xornada na que poden cambiar moito as cousas. Mecos é favorito para establecerse como gañador absoluto da Bandeira, pero os outros seis clubs non perden as forzas, e saben que aínda poden escalar posicións. A loita polos primeiros postos gañará forza mañá en Ferrol.

cronica-cabana-sabado-recortada

*Os clubs entrando na auga hoxe en A Cabana.

Colaboran