MUGARDOS AFÁSTASE DOS PRIMEIROS POSTOS NA LGT A

  • en
Narón 11/07/2015 - Estefanía Fernández Rodríguez

Disputouse a XXI Bandeira de Vilagarcía de Arousa organizada polo C.R. Vilaxoán, na que competiron os oito clubs da Liga A. Nesta regata Amegrove proclamouse vencedor, levandose a bandeira do concello.

A gran noticia do día non foi o vencedor, senon quen non o foi. Trala competición que se levou a cabo a fin de semana pasada, Mugardos tiña un bó pronóstico, quedando en segunda posición. Sen embargo, nesta xornada ao coller mal a boia na primeira volta, posicionouse en sexto lugar, quedando moi por detrás de Amegrove na clasificación, cunha diferencia de seis puntos.

Destacou tamén o traballo dos clubs de Puebla e de Ares, quenes durante toda a quenda foron moi xuntos, quedando segundo Puebla cunha diferencia respecto a Ares de tan só 44 centésimas. Haberá que esperar a segunda xornada da fin de semana para ver se consiguen desmarcarse un do outro.

*Amegrove tras a recollida da bandeira do Concello de Vilagarcía de Arousa.

*Amegrove tras a recollida da bandeira do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Colaboran