Mugardos á Liga A. Meira e Mecos gañan o Teresa Herrera.

  • en

A S.D. Samertolameu e o C.R. Mecos gañan o Teresa Herrera nas súas respectivas categorías. Mugardos ascende a liga A. C.D.M. Mera da a sorpresa e remata en cuarta posición.

Play of ascenso LGT A

Comezaba a competición  cun enfrontamento directo por conseguir una praza para a LGT A 2018. Enfrontábanse o C.R. Salgado – Perillo, dende a liga A, e o C.M. Mugardos, dende a liga B. A praza sería para o que conseguise o mellor tempo sumando as dúas xornadas. Pero xa dende o primeiro día a emoción despareceu. O C.M. Mugardos sacáballe cincuenta segundos ó C.R. Salgado – Perillo, e os de Oleiros non foron capaces de reaccionar na xornada do domingo. A Santa Leocadia se despide da liga A tras tres tempadas. E os da Bestarruza voltarán tras dous anos de ausenza.

Mecos fai pleno na categoría feminina

Na categoría feminina ningunha embarcación puido facer fronte ó C.R. Mecos. As rapazas da Mequiña rematan unha tempada brillante con outra bandeira, nove en total. Seis de seis na liga galega, máis a bandeira de campioas de liga, campionato galego e finalmente o Teresa Herrera. Por detrás delas o C.R. A Cabana Ferrol confírmanse como a segunda mellor embarcación de Galicia. O Sábado remataban terceiras por diante de Chapela e por detrás de Cabo, o resultado valíalles para asegurar a segunda posición da LGT. E na final de hoxe no Teresa Herrera conseguiron o segundo mellor tempo. O C.R. Cabo da Cruz despediu a liga galega cun gran segundo posto que non lles serviu para mellor a cuarta posición da xeral, e na final do domingo remataban terceiras. O C.R. Chapela non tivo o seu mellor fin de semana, o sábado clasificaban en cuarta posición o que eliminaba as opción de rematar segundas, e na final desta mañá remataban quintas. Finalmente o C.R. Salgado – Perillo remata a tempada con moitos motivos para seguir ilusionándose, o sábado quedaban quintas completando a súa primeira tempada na liga galega e ademais debutaban no Teresa Herrera, e o domingo remataban cuartas, superando ó C.R. Chapela e cumprido cun dos grandes retos da tempada.

Meira gaña unha emocionante final.

Na regata de clasificación do sábado, na que participaron dezaseis traiñeiras, o C.R. Puebla marcou o mellor tempo dende a segunda quenda. Na primeira, composta polos equipos da liga B, o C.D.M. Mera foi o fixo o mellor tempo, conseguindo a clasificación para a seguinte xornada, por detrás nin o C.R. Muros, C.R. Virxe da Guía, C.R. Cedeira, C.R. Vila de Cangas e A.D. Esteirana conseguían clasificarse. Na segunda partida, o único equipo da liga A que quedaba fora era o C.R. Rianxo.

A final do sábado comezaba cunha primeira quenda composta por o C.R. Chapela, o C.D.M. Mera, o C.R. Vilaxoán, Amegrove C.R. e o C.R. Mecos – Mondariz. A quenda foi gañada con claridade pola Mequiña, seguida, sorprendentemente, polo C.D.M. Mera, o C.R. Vilaxoán, Amegrove C.R.  e o C.R. Chapela. Na Segunda partían, o C.R. Coruxo, o C.M. Bueu – Tecarsa, o C.M. Castropol, a S.D. Samertolameu e o C.R. Puebla. Nas primeiras viradas a igualdade era máxima entre o C.R. Puebla e a S.D. Samertolameu, pero o crono poñía ó C.R. Mecos – Mondariz como campión. Nos últimos compases os remeiros da S.D. Samertolameu sacaron a súa garra gañadora e conseguiron gañar a quenda e superar a Mequiña por escasos segundos. Os do Grove remataban segundos e o C.R. Puebla terceiros. A cuarta posición, sorpresa da xornada, foi para o C.D.M. Mera. Quintos o C.R. Vilaxoán, sextos Amegrove C.R., séptimos o C.M. Bueu – Tecarsa, oitavos o C.M. Castropol, noveno o C.R. Chapela e décimo o C.R. Coruxo.

Juanma Lorenzo (Equipo de comunicación da LGT)

Attachment

Colaboran