Nova formación directiva na ALN

A ALN conta con nova formación

A derradeira Asemblea, celebrada o pasado martes en Santiago de Compostela, rematou coa incorporación do CR Mecos-Mondariz e o seu representante, D. Juan Ramón Outeda Montenegro, dentro da xunta directiva da Asociación.

A decisión ven tomada trala marcha obrigada do tesoureiro D. José Almeida, do CR A Cabana-Ferrol, que tivo que cesar do seu cargo ao non poder saír a competir o club ao que representa.

Deste xeito a nova Xunta Directiva queda formada da forma seguinte:

  • Federico Díaz: Presidente e Tesoureiro (CR Salgado-Perillo).
  • José Francisco Romero: Secretario (CR Rianxo).
  • José María Mariño: Vogal (CM Bueu).
  • José Ramón Outeda: Vogal (CR Mecos-Mondariz).

 

Equipo de comunicación da LGT.

Colaboran