Melchor Gago novo Presidente da ALN

  • en

A nova candidatura conta con cinco clubs

Co motivo da elección de novo Presidente, reuníronse onte en Santiago de Compostela os socios da Asociación Liga Noroeste. No desenrolo da mesma saiu elixido como novo Presidente da ALN D. Melchor Gago, quen contou co apoio e aval de todos os asociados.

Xunto con D. Melchor, natural de Vilagarcía de Arousa, formarán parte da nova Xunta Directiva ata sete persoas que representan a cinco clubs:

PRESIDENTE: Melchor Gago Torrado (CR Vilaxoán)

VICEPRESIDENTE: Manuel Juncal Gil (CM Bueu)

SECRETARIO: Rufino Acuña Bacelar (CM Bueu)

TESOUREIRO: Gelo Tarrío Fernández (CR Vilaxoán)

VOGAIS: José María Hermida (CR Cedeira), Manuel Fandiño Camiña (Amegrove CR), Juan Otero Brandariz (CDM Mera).

D. Melchor releva do seu cargo a D. Federico Díaz, quen viña desempeñando o cargo na presente campaña.

Así mesmo, o Presidente aproveitou para expoñer as liñas de traballo da nova directiva:

  • Confeccionar un produto da Liga Galega de Traiñeiras atractivo e que achegue novos patrocinadores e un patrocinador principal (mediante a retransmisión de regatas).
  • Procurar acordos coa administración que maximicen a súa implicación coa Liga Galega de Traiñeiras.
  • Traballar para pechar un convenio coa ACT e no seu defecto, cos clubs galegos que alí compiten (dereitos de formación, ascensos/descensos, etc).
  • Promover a participación de cantos clubs sexan posible na Liga Galega de Traiñeiras – B.
  • Maior presenza nos medios. Favorecer a posibilidade de televisar regatas aos clubs membros, polo menos aos posibles interesados en poder televisalas.
  • Buscar enclaves da xeografía galega onde facer eventos da Liga Galega de Traiñeiras, en pro dunha maior trascendencia mediática.
  • Conseguir unha Liga Galega de Traiñeiras máis xusta e rigurosa no aspecto deportivo (campos de regateo iguáis, foto finish, criterios arbitrais, etc).
  • Abordar os aspectos de cumplimento coa asistencia ás Asembleas (estudar o Regulamento de Réxime Interno).

O novo Presidente, rematou dando as grazas a tódolos presentes pola confianza no novo proxecto.

Equipo de comunicación da LGT.

Attachment

Colaboran