ORGANIZACIÓN LGT FEMININA

  • en

A Asociación Liga Noroeste xa traballa na confección da Liga Galega de Traiñeiras categoría Feminina. Así se confirma trala reunión realizada a semana pasada no hotel Santiago Apostol, á que asistiron tódolos clubs con opción de formar traiñeira feminina.

A reunión serviu para propoñer as bases e condicións polas que se regulará a competición.

Os clubs asistentes foron: CR Cabo da Cruz, CR A Cabana-Ferrol, CR Chapela, CR Mecos-Mondariz, CR Salgado-Perillo e CRN Riveira. Estes clubs, xunto coa SD Tirán, son os que comunicaron á Asociación o seu interese en participar na división feminina.

 

Equipo de comunicación da LGT.

Attachment