Os líderes afiánzanse

  • en

As cinco bandeiras disputadas esta fin aumentaron as distancias entre os líderes de cada categoría e os seus perseguidores. Na liga B e na liga feminina, o  CDM. Mera e o CR Mecos contan as regatas por vitorias.

Dobre xornada para o CR Mecos

Na liga feminina disputouse a primeira dobre xornada de esta tempada, pero o guión non cambiou nada con respecto as anteriores en canto a loita polas bandeiras. O CR Mecos fíxose o sábado ca II Bandeira feminina Concello de Vilagarcía de Arousa e o domingo ca III Bandeira feminina Concello de Redondela. Por detrás da mequiña a igualdade é máxima. O CR Chapela que superara ó resto de rivais nas dúas primeiras regatas, nesta dobre xornada viuse superada, ambos días, polo CR Cabo da Cruz e o CR A Cabana de Ferrol. O sábado a segunda posición foi para o CR A Cabana Ferrol e o domingo para o CR Cabo da Cruz. E por detrás da Arealonga e pechando as táboas chegaría o CR Salgado –  Perillo, pero a embarcación de Oleiros cada vez está máis preto dos seus rivais e está a marcar uns tempos bastantes bos para unha embarcación debutante.

A Mariñeira do CDM Mera máis líder na LGT-B

Tras unha serie de percances nas últimas dúas tempadas, por fin o CDM Mera tivo a sorte do seu lado e organizou unha regata por todo o alto. A IV Bandeira Baía de Mera coincidía coa celebración das Festas do Mar da propia vila, o que unido a unha fermosa tarde de verán fixo que se xuntaran todos os ingredientes para que a regata fose perfecta.

Os clubs, vendo esta situación, non defraudaron en absoluto. Arrancaba a regata coa primeira quenda formada por unha AD Esteirana que foi terceira e segue progresando pouco a pouco e que sabe que os comezos nunca foron fáciles, pero que os resultados acabarán por chegar a medida que avance a tempada; un CR Virxe da Guía, segundo, que se atopa nunha situación moi similar (ambas tripulacións están compostas na súa totalidade por remeiros propios-canteiráns), e un CR de Cedeira que levou a vitoria e demostrou que quere loitar por grandes cousas nesta Liga B, deixando esquecido o mal resultado da semana anterior en Cangas.

Na quenda da honra, o CR Vila de Cangas chegaba en cuarta posición, con peor tempo que o CR Cedeira na quenda anterior, demostrando que pese ao bo resultado obtido na casa teñen moito que traballar. Terceiro foi o CR Muros, que demostra que chegou á liga para quedarse e intentará loitar por cotas maiores, da mesma forma que o CM de Mugardos, que tras unha serie de fichaxes de última hora parece que se afianza nesa segunda posición. Pero o protagonista absoluto da tarde foi o CDM Mera. E é que a tripulación da Mariñeira dominou a regata de principio a fin con superioridade, demostrando que se outro club quere loitar polas bandeiras este ano vai ter que collelos nun mal día. Polo tanto, a IV Bandeira Baía de Mera quedou na casa, como premio para un club que tras as dificultades dos anos anteriores veu recompensado o seu esforzo, e que estivo acompañado pola súa afección, que encheu a praia dende varias horas antes da regata. Como curiosidade, ata o mesmo Pepe Domingo Castaño, presentador do famoso programa deportivo de radio “Tiempo de Juego”, se deixou ver entre o público que asistiu á regata.

A SD Samertolameu colle vantaxe pero CR Puebla reacciona

A quinta xornada puntuable da tempada disputouse en Vilaxoán de Arousa, ca XXIII Bandeira Concello de Vilagarcía. A regata comezou sen sorpresas na primeira quenda. O CR Chapela, tras dúas xornadas por detrás volvía a superar ó CR Rianxo e o CR Salgado-Perillo.

Nunha segunda contenda, sempre moi igualada, o que partiu por diante foi o CR Coruxo, distanciándose dos seus rivais dende os primeiros intres e gañando con claridade a  quenda. Por detrás CR Vilaxoán, crecido ante o seu público, aguantou o que puido á Fontaiña nos primeiros longos, e soubo aguantar a reacción do CM Castropol nos compases finais. Moi lonxe destas embarcacións chegaría Amegrove CR

A terceira quenda comezou con polémica. Ao parecer, a traíaña do CR Puebla non partía correctamente colocada na saída, o que a priori fixo que a Carmela partira con desvantaxe. Aínda que o nivel mostrado pola SD Samertolameu o sábado foi extraordinario, e conseguir arrebatarlle esta bandeira sería complicado. Por detrás da Terca, o CR Puebla tentou sen éxito superar ó CR Mecos-Mondariz e o tempo marcado polo CR Coruxo. Pero tanto a Fontaiña como a Mequiña remataron por diante. Gran tempada dos de Fran González que se asentan nos postos de podio. Pechando esta quenda chegou o CM Bueu – Tecarsa, que non foi capaz de reaccionar tra la mala experiencia do Grove e caeu ata a sétima posición.

CR Puebla recupera o sorriso en Chapela.

A XXXI Bandeira concello de Rendondela estivo chea de sorpresas. Comezando por unha primeira quenda na que o CR Rianxo gañou con unha claridade absoluta e o CR Salgado-Perillo superaba a un CR Chapela que non soubo conter as emocións que supón remar na casa.

Na segunda quenda, ó contrario que no día anterior, Amegrove CR saíu moito máis forte que os seus rivais e gañou a partida con moita vantaxe. A segunda posición sería para o CM Bueu –  Tecarsa, que volvía a mostrar unha gran imaxe aínda que non fose capaz de superar a Pabliño. Pecharían a quenda o CR Vilaxoán e o CM Castropol, por detrás dos tempos compensados do CR Rianxo.

E na quenda de favoritos, o CR Puebla volveu a demostrar que non vai a poñer nada doada esta liga e liderou a contenda de principio a fin. Aínda así a vitoria da bandeira non foi tan doada, xa que o tempo de Amegrove CR obligaba a Carmela a loitar ata o final. Detrás da embarcación do Barbanza chegaría a SD Samertolameu. Cunha gran reacción final, a Terca evitou sustos maiores e logrou nos últimos instantes superar os tempos dos rivais da segunda quenda. A terceira posición sería para o C.R. Mecos – Mondariz que mantén a súa liña e salvo os dous primeiros da súa quenda, so Amegrove CR foi capaz de superalos. Deixando a Mequiña en cuarta posición. Máis lonxe chegaría o  CR Coruxo. O tempo final enviaría á Fontaiña a oitava posición. Víndose superada por Rianxo dende a primeira quenda e Vilaxoán dende a segunda.

Equipo Comunicación LGT

Attachment

Colaboran