Pre-calendario LGT

Terceira Asemblea da tempada

Os socios da ALN foron convocados onte en sesión ordinaria no Hotel Santiago Apostol ás 19.30h.

Unha Asemblea que xirou en torno a un tema principal: a confección do precalendario da tempada 2017. Así, quedaron definidas as datas para as tres Ligas (A, B e Feminina). Este calendario está suxeito a modificacións, o calendario definitivo obterase o 30 de marzo.

Podes descargalos Pre-calendarios premendo aquí: PRE-CALENDARIOS LGT 2017

O resto de puntos a tratar foron:

1- Definir formato da Regata de A Mariña 2017.
2- Informe de clubs en disposición de participar na Liga Feminina 2017.
3- Normativa da LGT feminina.

A Normativa da LGT feminina foi aprobada por unanimidade.

Equipo de comunicación da LGT.

Attachment

Colaboran