PUEBLA FAI HISTORIA

  • en

PUEBLA GAÑA EN CAMPO DO LIDER DA LGT A

O C.R. Puebla proclamouse este domingo campión da II Bandeira Illa do Samertolameu disputada no Porto de Meira (Moaña).

13737549_917487528379859_3147533680435418195_o

O día presentábase soleado e sen nada de vento, cun Porto de Meira repleto de afeccionados verdiblancos esperando que a S.D. Samertolameu volvese a senda do triunfo. Ademais se ser o líder da LGT A hoxe, na casa, eran os grandes favoritos, pero a alegría do día estaba reservada para o C.R. Puebla. Partían dende a terceira quenda os tres primeiros clasificados da LGT A, a S.D. Samertolameu, o C.R. Puebla, o C.R. Ares e un gran C.M. Bueu-Tecarsa que non deixa de sorprender xornada tras xornada. O C.R. Puebla foi o que saíu máis forte, chegando a primeira virada por diante dos seus pr13730863_917482591713686_396122774856062903_oincipais rivais o C.R. Ares e a S.D. Samertolameu. Un pouco máis retrasada pero aguantando o ritmo chegaba a Maruxía de Bueu.

A mala sorte cebouse co equipo local que rompía a pica na primeira virada e condicionaba o resto da regata. Pola segunda referencia a Carmela seguía sendo a máis rápida pero seguida moi de cerca polo C.R. Ares. A S.D. Samertolameu e o C.M. Bueu-Tecarsa chegaban igualadas. Nese momento o cronómetro situaba á Terca nunha virtual quinta posición o que suporía situarse só un punto por riba do C.R. Puebla. Pero os de Meira non se viñeron abaixo e loitaron por darlle unha alegría a súa afección conseguindo o terceiro posto da bandeira e mantendo unha vantaxe importante sobre os seus perseguidores. Por diante a Carmela non cedeu nin un segundo e conseguiu vencer ó C.R. Ares alzándose ca II Bandeira Illa de Samertolameu, primeira bandeira da historia para o C.R. Puebla. A cuarta posición desta quenda sería para o C.M. Bueu-Tecarsa que aguantou o ritmo dos favoritos pero acabou quedando por detrás deles e do C.M. Castropol que fixo un gran tempo dende a segunda manga.

13738091_917478031714142_131855743265361374_oOs asturianos do C.M. Castropol gañaron a segunda quenda competindo co C.R. Coruxo, o C.R. Mecos-Mondariz e o C.R. Chapela. Comezaron moi igualadas a Ría del Eo e a Fontaiña, pero ó igual que o día anterior un soberbio último longo situaba ó C.M. Castropol no cuarto posto da bandeira e afianzaba ós de César Quintana nos postos de honra da clasificación xeral. O C.R. Coruxo finalizaría sexta e o C.R. Mecos-Mondariz sétima a tan so catro segundos de diferenza ca Fontaiña e a Maruxía. O C.R. Chapela non tivo bo día nesta xornada de domingo cerraría esta quenda acadando o noveno posto da bandeira.

A oitava posición foi para un Amegrove C.R. que volveu a mostrar a diferenza que o separa do C.R. Vilaxoán e do C.R. Salgado-Perillo dominando con autoridade esta quenda e superando ó C.R. Chapela na clasificación da bandeira. As últimas posicións serían para a Revenida e para a Santa Leocadia que tras unha loita moi igualada, a décima praza acabaría sendo para os vilaxoaneses.

Non faltaron a esta xornada os patrocinadores da LGT. Sputnik cun posto de roupa deportiva de gran calidade. Confortex, cedendo un colchón para ser sorteado e Nutrisport ca súa bebida enerxética para recargar as forzas dos remeiros. Ademais dende a S.D. Samertolameu instalaron unha carpa para vender sardiñas e roupa do club conseguindo así un gran ambiente no Porto de Meira.

Equipo Comunicación LGT

Attachment

Colaboran