SD Samertolameu sentenza na Pobra. O CDM Mera campión da LGT-B

  • en

Meira sentenza na Pobra

A S.D. Samertolameu gaña a XII Bandeira Concello da Pobra. Amegrove C.R. gaña a segunda quenda pero remata quinto. C.R. Rianxo supera ó C.R. Chapela por centésimas.

A XII Bandeira Concello da Pobra deixou unha das regatas máis entretidas da tempada. Ca igualdade que existe este ano na liga A, un campo a seis boias aseguraba unha regata activa e con moitas variacións.

A competición abriuse con duelo igualado ó máximo que rematou co C.R. Rianxo superando ó C.R. Chapela por trinta centésimas. Nas primeiras referencias o C.R. Chapela adiantaba a Virxe da Guadalupe, pero no último longo as dúas embarcacións entraban a par na liña de meta, sendo finalmente os de Rianxo os que gañaban a quenda. Por detrás, un C.R. Salgado – Perillo acusando as numerosas baixas, vía como os seus rivais afastábanse en cada longo e remataba en última posición.

A segunda quenda, como sempre, non defraudou. A primeira virada situaba a Vilaxoán un segundo por diante de Amegrove, tres por diante de Coruxo, e seis de Castropol. Pero a partir do seguinte longo todo cambiou, Amegrove facía o mellor rexistro e non soltou a proba da regata. A segunda posición variaba entre Vilaxoán e Coruxo pero finalmente foron os da Fontaíña os que quedaban por diante dos vilaxoaneses. Pechaba a quenda o C.M. Castropol, preto dos seus rivais pero sen lograr superar a ninguén.

As remontadas seguiron na terceira partida. A primeira metade da regata parecía destinada á festa do C.R. Puebla. A Carmela partía diante da Terca chegando a poñerse a tres segundos. Pero o líder volveu a demostrar o gran nivel no que se encontra neste tramo final da liga e deu a volta a situación para gañar con contundencia a quenda e a bandeira. Segundo sería o C.R. Puebla que recibía o cariño dunha afección máis ilusionada que nunca co seu equipo. A terceira posición foi cambiando de dono entre o C.R. Mecos – Mondariz e o C.M. Bueu – Tecarsa. Na quinta referencia era a Mequiña a que vogaba diante pero nun último gran longo os de Bueu fixéronse ca terceira posición.

A falta de tres xornadas para o final da liga, a expensas de saber se finalmente a primeira xornada do Teresa Herrera será puntuable, a S.D. Samertolameu avantaxa ó C.R. Puebla por 16 puntos, deixando o título de liga visto para sentenza.

O CDM Mera proclámase campión da Liga B nunha regata espectacular

A regata do sábado pola tarde será difícil de esquecer para a tripulación e a afición da Mariñeira. Precisaban só de quedaren terceiros para lograr a vitoria na competición e lograr así o ascenso directo á Liga A, pero deixaron claro que esta foi a súa tempada de levaron para casa a I Bandeira Muros de San Pedro.

Sopraba forte o nordeste nun porto de Muros cheo a reventar para presenciar a penúltima regata da Liga B, cunha forte marexada que xunto co vento de costado anticipaban unha regata moi dura. Había moitas cousas en xogo, e as condicións non podían ser mellores, cunha igualdade máxima entre todas as calles nunha regata a 6 longos.

Comezaba a primeira quenda coa loita entre o CR Vila de Cangas e o CR Cedeira pola quinta praza, dado que os dous clubes están separados por só dos puntos. Apretaron os da Balea ata o final, saíndo da última ciaboga con dous segundos de vantaxe, pero os de Cedeira remontaron no último longo e fixéronse coa vitoria da quenda pola mínima. A AD Esteirana entraba terceira seguindo co seu aprendizaxe e pensando xa no próximo ano.

Na quenda da honra, o interese estaba, ademáis da posible vitoria de Mera, nesa loita pola segunda posición entre Mugardos e a tripulación local, o CR Muros. Comezaban os da Muradana e os de Mera moi fortes, sacando varios segundos de vantaxe ao CR Virxe da Guía e aos mugardeses, que intentaban non perder moitos metros respecto ao seu rival directo. Pero na terceira virada os da Bestarruza cometían un erro, entrando polo lado equivocado, o que lles fixo perder moito tempo e os deixaba nunha situación complicada. Na loita pola vitoria, as diferenzas eran de só un segundo, pero finalmente e levados en brazos pola súa afición, o CDM Mera facíase coa bandeira e lograba a vitoria de liga e o ascenso directo á Liga A. O CR Muros entraba segundo na súa mellor regata da tempada, e o CM Mugardos entraba terceiro, tras recuperarse da mala ciaboga e mantiña así a súa segunda posición na clasificación. Virxe da Guía entraba cuarto e lograba tamén manter a súa cuarta posición na liga.

A próxima regata voltará a ser no Concello de Muros, pero organizada pola AD Esteirana, e se decidirá finalmente qué club alcanza a segunda posición da liga.

Juanma Lorenzo e Julián Juan (Equipo de comunicación da LGT)

Attachment

Colaboran