O trono da LGT A e o Play-off en xogo

  • en

Todo por decidir esta fin de semana coa dobre xornada que se disputará en Burela e Ribadeo, pertencente a unha IV Bandeira A Mariña de Traíñas que ven organizada pola ALN.
O sábado coñeceremos ó campeón da “LGT A” e disputarase a primeira xornada do play-off; na xornada do domingo certificarase qué clubs disputarán o ano que ven a “LGT A” e finalizará a liga feminina, co CR Cabo da Cruz xa como campeón.

Polo tanto o sábado terá lugar a primeira xornada da IV Bandeira a Mariñeira de Traíñas no Porto de Burela a partir das 17.30h. Disputarase na modalidade de contrareloxo divididos os clubs en catro quendas. Na primeira competirán o CR A Cabana-Ferrol, CR Cabo da Cruz B e o CR Salgado-Perillo nun play-off que oferta como premio unha praza na “LGT A” 2017. Na segunda quenda participarán os equipos restantes da Liga B (non será puntuable), o CR Puebla B, CR Vila de Cangas, CR Narón, CDM Mera e o CR Rianxo. As dúas últimas quendas serán puntuables para a Liga A; a terceira estará composta polo CR Vilaxoán, Amegrove CR, CR Chapela e CR Mecos-Mondariz. Será a última quenda a que decida ao campeón da Liga A, sairán o CM Bueu-Tecarsa, CM Castropol, CR Coruxo, CR Puebla, SD Samertolameu e CR Ares. Só un punto de diferenza entre os dous primeiros clasificados co que a emoción está asegurada.Cartel-Burela-2016_A-Mariña

A segunda xornada terá lugar no Porto de Ribadeo a partir das 11.30h, en modalidade de contrareloxo. Na primeira quenda terá lugar a segunda xornada do play-off e determinará o equipo que accede á praza da “LGT A” 2017. A segunda quenda será puntuable para a Liga Feminina e participarán o CR A Cabana-Ferrol, CR Chapela e o CR Cabo da Cruz, campionas xa desta “LGT Feminina” 2016. A terceira e cuarta quenda competirán en modalidade de contrareloxo a dúas calles. Na terceira quenda sairán o CR Puebla B, CR Vila de Cangas, CR Narón, CDM Mera, o CR Rianxo, o CR Vilaxoán e Amegrove CR. E xa na última quenda o CR Chapela, CM Bueu-Tecarsa, CM Castropol, CR Coruxo, CR Puebla, SD Samertolameu e CR Ares.

Cartel_IV-Bandeira-A-MariñaRIBADEO

Unha vez remata a proba entregaranse as bandeiras de campeón para cada categoría e posteriormente terá lugar a ceremonia de clausura da Liga Galega de Traiñeiras 2016, con reparto de premios, discursos finais, foto de familia, sorteo do batel cedido por Sputnik, foto de familia e comida confraternal.

Agradecer á Deputación de Lugo, Concellos de Ribadeo e Burela xunto co CR Ribadeo, sin os cales esta regata non podería levarse a cabo.

Equipo Comunicación LGT

Attachment